LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS CURSO 2024/25
Infórmase que xa están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas dos libros que lles foron asignados ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria .
Tamén o podedes comprobar na aplicación Fondolibros accedendo coa Chave 365.
Recordade que:
*si vos corresponden 4 libros teredes que comprar o libro de Ciencias da Natureza e o de Inglés.
*todos os alumnos/as de 4º EP teñen que comprar o cadernillo de inglés (Activity book).
Avisaremos en Setembro para a entrega dos libros (unha vez que teñamos os lotes preparados).
LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25
Infórmase que están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais do fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º EP.
Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.
Nesta listaxe só aparece a cantidade de libros que lle foi asignado a cada neno/a pero teñan en conta que:
*Si lles asignan 4 libros corresponden ás materias de Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas e Ciencias Sociais (por tanto terán que comprar os libros de Ciencias da Natureza e de Inglés)
*Si lles asignan 6 libros corresponden a todas as materias (por tanto os de 3º EP non terían que comprar ningún libro de texto e os de 4º EP só terían que comprar o cadernillo de Inglés- Activity book)
Poderán presentar reclamacións durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
Publicaranse as listaxes definitivas o vindeiro 5 de xullo.
RECOLLIDA DE VALES (AXUDA DE LIBROS PARA ALUMNADO DE 1º E 2º EP E MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO DE PRIMARIA)
Comunícase que xa están publicadas as listas de admitidos e excluídos para a adquisición de vales para a compra de libros do alumnado de 1º e 2º EP e para a adquisición doutro material escolar do alumnado de Primaria.
Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.
A aqueles que lles corresponde algún tipo de vale o poderán recoller no colexio entre os días 2 e o 12 de xullo en horario de 10h a 14h. (o día 11 estará pechado o colexio por ser festivo local).
Se non poden nesas datas o poderán recoller en setembro.
*Recordámoslles que:
-En caso de extravío do vale o colexio non poderá expedir un duplicado.
-Unha vez entregado o vale, se o solicitante detecta algún erro, disporá de 10 días hábiles para emendar a solicitude devolvendo o vale recibido.
-Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.
-No momento da compra o solicitante deberá asinar tal vale e entregarllo ó establecemento.
-Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024-25
ALUMNADO DE NOVO INGRESO
-Informamos que para formalizar a matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar teñen que cubrir e entregar na secretaría do colexio os seguintes impresos (do 20 ao 30 do presente mes):
*Formalización de matrícula
*Lingua materna (só alumnado 4ºEI)
*Teléfonos
*Autorización uso da imaxe
*Autorización de recollida do alumnado por persoas diferentes a nai ou pai
*Alerta Escolar (só se corresponde)
*Solicitudes de transporte e comedor (se están interesados no uso destes servizos).
*Aqueles que soliciten o uso de comedor terán que cubrir ademais a folla de AUTODECLARACIÓN.
Poden imprimir os impresos pinchando nos documentos adxuntos.
-E ademais deberán entregar:
*Fotocopia da cartilla de vacinas
*Fotocopia da tarxeta sanitaria
*4 fotografías tamaño carné (só alumnado de Educación Infantil)
*Celebrarase unha reunión coa titora de 4ºEI o día 25 de xuño ás 10h. (na medida do posible asistir sen os nen@s).
Podedes aproveitar ese día para entregar a documentación.
AXUDAS EN RELACIÓN COS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2024/2025
Informamos que xa poden solicitar as axudas en relación cos libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025 (ORDE do 7 de maio de 2024, publicada no DOG do 20 de maio):
TIPOS DE AXUDAS SEGÚN OS CURSOS
*1º e 2º de E.P. poderán solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar.
*3º e 4º de E.P. poderán solicitar o préstamo de libros e a axuda para a adquisición de material escolar.
*5º e 6º de E.P. poderán solicitar axuda só para a adquisición de material escolar (xa que están incluídos no proxecto E-DIXGAL e non utilizan libros impresos).
SOLICITUDES
*Terán que cubrir os impresos (Anexos I e II) na aplicación Fondolibros https:/www.edu.xunta.es/fondolibros. Poden cubrilos directamente na aplicación ou imprimilos e cubrilos manualmente.
*As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou representantes legais do alumnado.
*Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2024/25 (si se fai por vía electrónica presentarase unha solicitude para cada alumno/a).
*As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda (exercicio fiscal do ano 2022), excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
*Dúas opcións:
-Presentación no colexio: terán que imprimir os dous anexos, asinar nos apartados correspondientes e aportar tamén a documentación solicitada.
-Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, xunto coa documentación.
*O prazo de presentación é ata o día 21 de xuño.
Para evitar aglomeracións establécense uns días para cada nivel (teñan en conta que se refire aos niveis do vindeiro curso). Rogamos que na medida do posible se axusten ás datas establecidas, en horario de secretaría (10,50 h. a 11,40 h.) En casos de irmáns poderán escoller o día que lles vaia mellor.
TEÑAN EN CONTA QUE OS NIVEIS SON DO CURSO 2024/2025 |
23 MAIO 1º E.P. |
24 MAIO 1º E.P. |
||
27 MAIO 1º E.P. |
28 MAIO 2º E. P. |
29 MAIO 2º E.P. |
30 MAIO 2º E.P. |
31 MAIO 3º E.P. |
3 XUÑO 3º E. P. |
4 XUÑO 3º E.P. |
5 XUÑO 3º E.P. |
6 XUÑO 4º E.P. |
10 XUÑO 4º E.P. |
11 XUÑO 4º E.P. |
12 XUÑO 5º E.P. |
13 XUÑO 5º E.P. |
14 XUÑO 5ºE.P. |
17 XUÑO 5ºE.P. |
18 XUÑO 6ºE.P. |
19 XUÑO 6ºE.P. |
20 XUÑO 6ºE.P. |
21 XUÑO 6ºE.P. |
|
DOCUMENTACIÓN OBLIGATORIA
*Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.
*No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2022, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:
-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.
-Certificado ou volante de convivencia.
-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
Infórmase que foi admitido todo o alumnado que presentou solicitude neste centro para o vindeiro curso escolar 2024/2025.
Do 20 ao 30 de xuño terase que realizar a Formalización de matrícula polo que preto desas datas deberán estar pendentes desta web xa que se publicará información ao respeto.
*Convocarémosvos por correo electrónico a unha reunión nesas datas.
Podedes aproveitar para entregar a documentación solicitada.
Comunicámoslles que do día 1 ao 20 de marzo incluído estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2024/25.
*Poderán cubrir ou descargar os impresos na seguinte aplicación
www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
1-Cubrir a solicitude informáticamente, descargala e presentala asinada de xeito manual no centro.
2-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Ademais debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
3-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
*A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).
- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2023-2024 (só alumnado procedente doutro centro).
- Xustificante de empadronamento conxunto (onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar).
- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.
- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.
* Si escolle a opción de presentar a solicitude coa documentación no colexio poderá facelo en horario de Secretaría: de luns a venres de 11:00h. a 11:40h.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
*Na solicitude poderán pedir ata 6 colexios por orde de preferencia.
*A solicitude entregarase no centro solicitado en primeiro lugar.
*A solicitude de admisión é única para cada alumno/a, por tanto non se poden presentar solicitudes en varios colexios. Só se podería facer si se renuncia á solicitude anterior (para iso tería que indicalo no recadro correspondente na nova solicitude que se presente).
*A existencia de varias solicitudes (sen renuncia) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.
*Datas:
-Publicación de listaxe provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril
-Publicación de listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: 15 de maio
-Formalización de matrícula para Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño
NORMATIVA REGULADORA:
*Decreto 13/2022 do 3 de febreiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º Ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato.
*Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro) pola que se desenvolve o Decreto anterior.
VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/2024:
CURSO |
GRUPOS PROPOSTOS 2021/22 |
VACANTES OFERTADAS |
4º EI |
1 |
22+3NEAE |
5º EI |
1 |
9 |
6º EI |
1 |
6 |
1º EP |
1 |
11 |
2º |
1 |
0 |
3º |
1 |
3 |
4º |
1 |
2 |
5º |
1 |
3 |
6º |
1 |
2 |
ÁREA DE INFLUENCIA DO COLEXIO
-Parroquia de Atios
-Rúa Domingo Bueno dende o nº 62 e o parque infantil ata o final
-Rúa San Sebastián dende o nº 50 e 59 ata o final
-Rúa Manuel Rodríguez dende o nº 84 e 65 ata o final
-Rúa Leandro Diz dende o nº 6 e 13 ata o final
-Rúa Carrola completa
INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:
1- Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km.
2- O alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.
3- Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio. Poderase autorizar dun xeito excepcional se quedan prazas vacantes no autobús concreto.
As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para o curso 2023/2024 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:
*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo (a día de hoxe 4,50€).
Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
SOLICITUDES DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023
Como xa se avisou por Abalar aqueles que solicitaron o uso destes servizos o curso actual xa non teñen que presentar as solicitudes para o vindeiro curso.
Só tedes que presentar o Anexo de Autodeclaración aqueles que solicitades Comedor (o podedes descargar no aviso de abaixo).
Se alguén non fixo uso destes servizos o curso pasado e quero solicitalos para o vindeiro pode descargar os impresos pinchando nos documentos adxuntos.
INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:
*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km. Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.
*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.
*Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio (a excepción dos enviados pola Comisión de Escolarización) pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes no autobús concreto.
Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2022/2023 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:
*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo. Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.
ANEXO II A CUBRIR PARA OS SOLICITANTES DE COMEDOR
Informamos que xa se publicaron as instruccións de comedor para o vindeiro curso e por tanto podedes descargar e cubrir o impreso para entregar no colexio o antes posible.
Non terá que cubrir este impreso o alumnado de novo ingreso que non pertence á zona de influencia do colexio, xa que lle corresponderá aboar a cantidade de 4,50€ por día que faga uso do comedor.
ACLARACIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN
*APARTADO A) RENDA NETA IRPF 2021
Para determinar a renda anual familiar do ano 2021 hai que ter en conta os ingresos obtidos por todas as persoas da unidade familiar, segundo o seguinte:
-Os membros da unidade familiar que fagan declaración da renda teñen que facer o seguinte cálculo:
casilla 435 + casilla 460 - casilla 595
-Os que non teñan obriga de presentar a declaración terán que realizar o seguinte cálculo tendo en conta os seus datos fiscais:
Retribucións + Intereses – cotizacións seguridade social – retencións do traballo – retención do capital mobiliario
-A cantidade final a ter en conta será a suma dos cálculos realizados por cada membro da unidade familiar, menos nos casos de declaración conxunta.
*APARTADO B) MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
Terase en conta a unidade familiar (segundo a situación existente a 31 de decembro de 2021) definida na normativa do imposto da renda das persoas físicas:
-No caso de matrimonio a unidade familiar estará integrada por:
*Os cónxuxes.
*Os fillos menores de idade, con excepción dos que vivan independentes.
*Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade.
-En ausencia de matrimonio ou en casos de separación legal a unidade familiar estará integrada por:
*Pai ou nai
*A totalidade dos fillos (menores de idade e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente) que convivan co pai ou coa nai.
-Nas parellas de feito e casos de separación ou divorcio con custodia compartida só un dos membros (pai ou nai) formará parte da unidade familiar.
*APARTADO C) RENDA PER CÁPITA FAMILIAR: hai que dividir a cantidade total obtida no apartado A) entre o número de membros da unidade familiar.
Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, dispoñible a través do link https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
*APARTADO D) AUTODECLARACIÓN: hai que marcar o tipo de aboamento que corresponda tendo en conta a renda per cápita familiar e o número de fillos menores en idade escolar.
O SEGUINTE ALUMNADO FOI ADMITIDO NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/2021
4º EDUCACIÓN INFANTIL
NOTAS:
*O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula do 1 ao 10 de xullo.
E tamén cubrir e entregar o a documentación que falta (solicitudes de transporte e comedor, autorización de uso de imaxe, fotografías...)
Encárgase o centro de convocalos telefonicamente a unha reunión por esas datas.
*Se finalizado este prazo non se presenta o papel de formalización enténdese que se renuncia á praza.