AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025

AXUDAS EN RELACIÓN COS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2024/2025

 

Informamos que xa poden solicitar as axudas en relación cos libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025 (ORDE do 7 de maio de 2024, publicada no DOG do 20 de maio):

 

TIPOS DE AXUDAS SEGÚN OS CURSOS

*1º e 2º de E.P. poderán solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar.

*3º e 4º de E.P. poderán solicitar o préstamo de libros e a axuda para a adquisición de material escolar.

*5º e 6º de E.P. poderán solicitar axuda só para a adquisición de material escolar (xa que están incluídos no proxecto E-DIXGAL e non utilizan libros impresos).

 

SOLICITUDES

*Terán que cubrir os impresos (Anexos I e II) na aplicación Fondolibros https:/www.edu.xunta.es/fondolibros. Poden cubrilos directamente na aplicación ou imprimilos e cubrilos manualmente.

*As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou representantes legais do alumnado.

*Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2024/25 (si se fai por vía electrónica presentarase unha solicitude para cada alumno/a).

*As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda (exercicio fiscal do ano 2022), excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

*Dúas opcións:

-Presentación no colexio: terán que imprimir os dous anexos, asinar nos apartados correspondientes e aportar tamén a documentación solicitada.

-Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, xunto coa documentación.

*O prazo de presentación é ata o día 21 de xuño.

Para evitar aglomeracións establécense uns días para cada nivel (teñan en conta que se refire aos niveis do vindeiro curso). Rogamos que na medida do posible se axusten ás datas establecidas, en horario de secretaría (10,50 h. a 11,40 h.) En casos de irmáns poderán escoller o día que lles vaia mellor.

 

TEÑAN EN CONTA QUE OS NIVEIS SON DO CURSO 2024/2025

23   MAIO

1º E.P.

24   MAIO

1º E.P.

27   MAIO

1º E.P.

28   MAIO

2º E. P.

29   MAIO

2º E.P.

30   MAIO

2º E.P.

 31   MAIO

3º E.P.

3    XUÑO

3º E. P.

4    XUÑO

3º E.P.

5     XUÑO

3º E.P.

6    XUÑO

4º E.P.

10   XUÑO

4º E.P.

11   XUÑO

4º E.P.

12  XUÑO

5º E.P.

13  XUÑO

5º E.P.

14  XUÑO

5ºE.P.

17  XUÑO

5ºE.P.

18  XUÑO

6ºE.P.

19  XUÑO

6ºE.P.

20  XUÑO

6ºE.P.

21  XUÑO

6ºE.P.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN OBLIGATORIA

*Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

*No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2022, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.