FONDO DE LIBROS E VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25

Infórmase que están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais do fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º EP.

Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.

Nesta listaxe só aparece a cantidade de libros que lle foi asignado a cada neno/a pero teñan en conta que:

*Si lles asignan 4 libros corresponden ás  materias de Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas e Ciencias Sociais (por tanto terán que comprar os libros de Ciencias da Natureza e de Inglés)

*Si lles asignan 6 libros corresponden a todas as materias (por tanto os de 3º EP non terían que comprar ningún libro de texto e os de 4º EP só terían que comprar o cadernillo de Inglés- Activity book)

Poderán presentar  reclamacións durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.

Publicaranse as listaxes definitivas o vindeiro 5 de xullo.

 

RECOLLIDA DE VALES (AXUDA DE LIBROS PARA ALUMNADO DE 1º E 2º EP E MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO DE PRIMARIA)

Comunícase que xa están publicadas as listas de admitidos e excluídos para a adquisición de vales para a compra de libros do alumnado de 1º e 2º EP e para a adquisición doutro material escolar do alumnado de Primaria.

Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.

A aqueles que lles corresponde algún tipo de vale o poderán recoller no colexio entre os días  2 e o 12 de xullo en horario de 10h a 14h. (o día 11 estará pechado o colexio por ser festivo local).

Se non poden nesas datas o poderán recoller en setembro.

*Recordámoslles que:

-En caso de extravío do vale o colexio non poderá expedir un duplicado.

-Unha vez entregado o vale, se o solicitante detecta algún erro, disporá de 10 días hábiles para emendar a solicitude devolvendo o vale recibido.

-Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.

-No momento da compra o solicitante deberá asinar tal vale e entregarllo ó establecemento.

 -Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.