Xusto antes do inicio das clases, que será o xoves 8 de setembro, faremos unhas reunións informativas cos titores e titoras de cada curso.
A reunión do curso de 1º de Educación Primaria celebrarase o martes 13 de setembro ás 17:00 horas.
COMEDOR E TRANSPORTE 2022-2023
Todo o alumnado foi admitido en transporte e comedor
O alumnado que non entregou no centro o anexo de autodeclaración para a súa solicitude de comedor será usuario de pago completo (4,50 € por día de uso)
As listaxes de transporte e comedor están no taboleiro de anuncios do centro.
Aquí podedes ver algúns vídeos relacionados co Proxecto Erasmus +, EUROPE IS CALLING, TOGETHER WE ARE BACK IN TIME, onde traballamos ademais das linguas de cada país, tendo como lingua vehicular o inglés, a historia e o patrimonio cultural de cada un dos países participantes. Agardamos que os disfrutedes coma nós o disfrutamos durante a realización deste maravilloso proxecto que remata neste curso... e desexando comezar o seguinte.
Canción imagine de John Lenon realizada por todos os centros cada un na súa lingua e que servíu como himno oficial do Proxecto
https://www.nemfcic.co.uk/erasmus-project-europe
https://youtu.be/83hOSC00IyI
Breogán, personaxe histórica elexida polo noso centro para centrarnos na época castrexa a hora de desenvolver o Proxecto.
https://youtu.be/9BIYkk05Y7c
https://youtu.be/Xe1c_-tVzqc
Vídeo no que o noso alumnado fala da torre de Hércules, patrimonio da humanidade e monumento elexido polo noso centro para o Proxecto Erasmus + relacionado coa época histórica traballada en dito proxecto.
SOLICITUDES DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023
Como xa se avisou por Abalar aqueles que solicitaron o uso destes servizos o curso actual xa non teñen que presentar as solicitudes para o vindeiro curso.
Só tedes que presentar o Anexo de Autodeclaración aqueles que solicitades Comedor (o podedes descargar no aviso de abaixo).
Se alguén non fixo uso destes servizos o curso pasado e quero solicitalos para o vindeiro pode descargar os impresos pinchando nos documentos adxuntos.
INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:
*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km. Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.
*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.
*Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio (a excepción dos enviados pola Comisión de Escolarización) pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes no autobús concreto.
Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2022/2023 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:
*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo. Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.
*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.
ANEXO II A CUBRIR PARA OS SOLICITANTES DE COMEDOR
Informamos que xa se publicaron as instruccións de comedor para o vindeiro curso e por tanto podedes descargar e cubrir o impreso para entregar no colexio o antes posible.
Non terá que cubrir este impreso o alumnado de novo ingreso que non pertence á zona de influencia do colexio, xa que lle corresponderá aboar a cantidade de 4,50€ por día que faga uso do comedor.
ACLARACIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN
*APARTADO A) RENDA NETA IRPF 2021
Para determinar a renda anual familiar do ano 2021 hai que ter en conta os ingresos obtidos por todas as persoas da unidade familiar, segundo o seguinte:
-Os membros da unidade familiar que fagan declaración da renda teñen que facer o seguinte cálculo:
casilla 435 + casilla 460 - casilla 595
-Os que non teñan obriga de presentar a declaración terán que realizar o seguinte cálculo tendo en conta os seus datos fiscais:
Retribucións + Intereses – cotizacións seguridade social – retencións do traballo – retención do capital mobiliario
-A cantidade final a ter en conta será a suma dos cálculos realizados por cada membro da unidade familiar, menos nos casos de declaración conxunta.
*APARTADO B) MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
Terase en conta a unidade familiar (segundo a situación existente a 31 de decembro de 2021) definida na normativa do imposto da renda das persoas físicas:
-No caso de matrimonio a unidade familiar estará integrada por:
*Os cónxuxes.
*Os fillos menores de idade, con excepción dos que vivan independentes.
*Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade.
-En ausencia de matrimonio ou en casos de separación legal a unidade familiar estará integrada por:
*Pai ou nai
*A totalidade dos fillos (menores de idade e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente) que convivan co pai ou coa nai.
-Nas parellas de feito e casos de separación ou divorcio con custodia compartida só un dos membros (pai ou nai) formará parte da unidade familiar.
*APARTADO C) RENDA PER CÁPITA FAMILIAR: hai que dividir a cantidade total obtida no apartado A) entre o número de membros da unidade familiar.
Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, dispoñible a través do link https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
*APARTADO D) AUTODECLARACIÓN: hai que marcar o tipo de aboamento que corresponda tendo en conta a renda per cápita familiar e o número de fillos menores en idade escolar.
PROTOCOLO COVID ACTUALIZADO
Podedes acceder ao novo protocolo facendo clic AQUÍ
Actualización dos criterios de avaliación e promoción do centro, segundo a disposición cuarta/ punto 2 da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. CLICA NO ENLACE
COÑECE O NOSO CENTRO
Este ano debido aos protocolos COVID non celebraremos xornada de portas abertas, aquí podedes ver un vídeo con información sobre o noso centro.
Tamén podedes poñervos en contacto con nós en calquera destos teléfonos ou pasarvos por aquí se tedes algunha dúbida en concreto e preferides falar connosco en horario de dirección de 09:00 a 10:00 ou de secretaría de 11:00 a 11:40 da mañá.
Grazas e un saúdo!
Agardámosvos