Recollida de xoguetes polo Nadal
Mér, 29/11/2023 - 17:21 — admin
Este ano, en colaboración con "Amigos moter@s", levaremos a cabo unha recollida solidaria de xoguetes.
A característica principal é que teñen que ser xoguetes novos, sin estrenar, dado que os beneficiarios/as serán os nenos/as hospitalizados no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo, e así evítase a contaminación externa. Serven todo tipo de xoguetes, ceras e cores, libros de pintar, contos,...
Respecto aos peluches, servirían de segunda man, xa que son "doados de desinfectar", segundo nos comentaron.
A entrega dos xoguetes realizarase o sábado 16 de decembro, coincidindo coa xa tradicional "Papanoelada motera" na cidade de Vigo.
Podedes ler un artigo de prensa recentemente publicado sobre esta iniciativa:
Estimadas familias:
Dende o Concello do Porriño, e tal e como acordaron os nenos e nenas no pleno do consello municipal de infancia celebrado o pasado 20 de novembro, con motivo da conmemoración do día dos dereitos da infancia, voltaremos a organizar unha iniciativa solidaria consistente nunha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés, que logo serán distribuídos entre familias con menos recursos do concello.
Todo o recollido será distribuído a través do SOS Porriño e Servizos de Asuntos Sociais do Concello entre as familias que o necesiten no Porriño e nas súas parroquias.
Esta iniciativa, para a que nos gustaría contar coa vosa colaboración, comezará o próximo 1 de decembro e rematará o 19 de decembro, e realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán puntos de recollida.
Agradecemos que nos axudedes a darlle a máxima difusión a esta iniciativa, animando a participar a toda a comunidade educativa, recomendándolle que deixen sobre todo Cueiros, Cremas, Toalliñas, Purés, Leites e Alimentos infantís de todo tipo no punto de recollida que se instalará no voso centro.
Por todo elo MOITAS GRAZAS
Dende a empresa que xestiona o noso comedor escolar, Aramark, propóñennos unha actividade-concurso na que se vos anima a elaborar unha receita de Nadal.
Ainda que inicialmente a actividade estaba pensada só para os usuarios/as deste servizo, facémolo extensible a toda a Comunidade Educativa.
Tendes ata o 12 de decembro para presentar as vosas receitas de Nadal, no formato que queirades, escritas a man, dixitalmente...
O premio é un xogo de Twister para xogar toda a familia!
Facédenoslas chegar a través dos nenos e nenas entregádoas no comedor ou en dirección, tamén podedes mandalas a través do noso correo
ceip.atios@edu.xuinta.gal
Aquí tedes om enú de decembro! Podédelo descargar clicando no adxunto.
Dende a empresa de comedor comunícannos que o día 16 de novembro terá lugar a primeira xornada gastronómica, dedicado nesta ocasión a Grecia.
Os nenos e nenas degustarán un típico menú grego.
Podedes clicar no arquivo adxunto para descargar o ficheiro en PDF.
Estos son os horarios das reunións informativas de inicio de curso para que poidades resolver calquera dúbida e coñecer ao profesorado dos vosos fillos/as: