Comunicámoslles que do día 1 ao 20 de marzo incluído estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2024/25.
*Poderán cubrir ou descargar os impresos na seguinte aplicación
www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
1-Cubrir a solicitude informáticamente, descargala e presentala asinada de xeito manual no centro.
2-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Ademais debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
3-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
*A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).
- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2023-2024 (só alumnado procedente doutro centro).
- Xustificante de empadronamento conxunto (onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar).
- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.
- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.
* Si escolle a opción de presentar a solicitude coa documentación no colexio poderá facelo en horario de Secretaría: de luns a venres de 11:00h. a 11:40h.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
*Na solicitude poderán pedir ata 6 colexios por orde de preferencia.
*A solicitude entregarase no centro solicitado en primeiro lugar.
*A solicitude de admisión é única para cada alumno/a, por tanto non se poden presentar solicitudes en varios colexios. Só se podería facer si se renuncia á solicitude anterior (para iso tería que indicalo no recadro correspondente na nova solicitude que se presente).
*A existencia de varias solicitudes (sen renuncia) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.
*Datas:
-Publicación de listaxe provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril
-Publicación de listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: 15 de maio
-Formalización de matrícula para Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño
ESTADES CONVIDADOS AO OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL.
Programa escolar de froita na escola.
Dende o 22 de xaneiro 2024 e durante 10 días lectivos, é dicir ata o 2 de febreiro, o noso alumnafo tomará froita durante a merenda do recreo.
Esta iniciativa está financiada pola Xunta de Galicia, a través do Fogga.
Máis adiante, de febreiro a maio comezaremos co reparto do leite (20 días lectivos) e xa a finais de maio, voltaremos co reparto de froita durante outros 10 días lectivos.
Dende a empresa de comedor comunícannos que debido ao éxito que tivo entre o noso alumnado e tendo en conta que este ano tamén se celebrarán alí os XXOO, o día 25 de xaneiro terá lugar unha nova xornada gastronómica, dedicado nesta ocasión a París. E así imos abrindo boca tamén para os novos Proxectos Erasmus que comezan este 2024.
Benvidos! Aquí temos xa o 1º menú deste 2024!
Podedes descargalo clicando no adxunto.