Blogues
CORRELINGUA 2013: A CHAVE DO MUNDO (SEMANA CULTURAL)
Enviado por Anónimo o Ven, 05/10/2013 - 19:30Non vos perdades a última saída dos nenos/as do cole ata o Rosal vila na que se celebrou a última edición do Correlingua co lema O GALEGO A CHAVE DO MUNDO.
CONTAMOS UN CONTO?
Enviado por Anónimo o Xov, 05/09/2013 - 13:18A semana cultural xa comezou a andar. Non vos perdades as novidades desta primeira actividade na que os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria lles contaron uns contiños en galego aos máis pequenos do cole.
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2013
Enviado por Anónimo o Mér, 05/08/2013 - 16:52Non vos perdades, no blogue de Dinamización, a publicación de todas as actividades que se nos presentan por diante na celebración das LETRAS GALEGAS 2013 no noso centro.
Desexamos que as disfrutedes moito nenos/as!!!
GRACIAS POR TODO JOSEFA, ATA SEMPRE!!!
Enviado por Anónimo o Lun, 05/06/2013 - 20:37Queremos convidarvos que pasedes polo noso blogue para ver as sorpresas que lle prepararon os alumnos/as de 2º de primaria á súa profe Josefa no seu último día de profe.
NON VOS PERDADES AS NOVAS ADQUISICIÓNS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN PARA O VINDEIRO CURSO
Enviado por Anónimo o Ven, 05/03/2013 - 13:49Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos remitirvos unha vez máis ao noso blogue para que non vos perdades as novidades adquiridas este ano a través da editorial Kalandraka de cara ao vindeiro curso escolar.
Disfrutade delas! Todos os libros atópanse expostos no 1º andar do noso cole na exposición das Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ESTREA BLOGUE!!
Enviado por Anónimo o Ven, 04/19/2013 - 23:31
Dende o equipo de dinamización de lingua galega do CEIP plurilingüe de Atios, queremos darvos una gran noticia: temos un blogue!!!
A partir de agora, todas as actividades que coordinemos dende este equipo, e todas as novas que queiramos dar a coñecer, serán publicadas no noso blogue.
Aquí vos deixamos un enlace para que o poidades visitar cando o desexedes: pedrarosadeatios.blogspot.com
Así mesmo, na páxina principal da web do noso centro, na barra lateral dereita, tedes un apartado cos blogues do noso cole, onde tamén atoparedes un enlace para acceder directamente.
Desexamos que vos guste e que sexa de gran utilidade para toda a comunidade educativa. Agardamos os vosos comentarios e suxerencias.