Desde o Concello de O Porriño organízase unha recollida solidaria de produtos básicos e necesarios coma, leite, auga, conservas, pan de molde, produtos de limpeza e hixiene, cueiros, compresas...
A recollida levarase a cabo o 2 e o 3 de novembro no pavillón municipal. O luns 4 e o martes 5 a recollida, en coordinación co Concello, tamén se realizará no propio colexio, CEIP Pl. de Atios.
É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estén todos os sectores representados de acordó coa normativa.
- SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:
NO ADXUNTO PODEDES VER AS DATAS DO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR, O CENSO ELECTORAL DO SECTOR PAIS/NAIS, as DIFERENTES CANDIDATURAS e a RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenacióne Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realizaciónde eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos..
LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS CURSO 2024/25
Infórmase que xa están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas dos libros que lles foron asignados ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria .
Tamén o podedes comprobar na aplicación Fondolibros accedendo coa Chave 365.
Recordade que:
*si vos corresponden 4 libros teredes que comprar o libro de Ciencias da Natureza e o de Inglés.
*todos os alumnos/as de 4º EP teñen que comprar o cadernillo de inglés (Activity book).
Avisaremos en Setembro para a entrega dos libros (unha vez que teñamos os lotes preparados).
OLLO!
ACABA DE PUBLICAR A CONSELLERÍA, HOXE 4 DE XULLO, A SEGUINTE CORRECCIÓN DE ERROS RELACIONADA COA AUTOBAREMACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA PARELLAS DE FEITO E PAIS/NAIS SEPARADOS CON CUSTODIA COMPARTIDA.
Podedes ver tanto as instruccións de comedor como a corrección nos anexos.
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2024/25
Pinche nos documentos adxuntos para ver a información.
LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25
Infórmase que están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes provisionais do fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º EP.
Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.
Nesta listaxe só aparece a cantidade de libros que lle foi asignado a cada neno/a pero teñan en conta que:
*Si lles asignan 4 libros corresponden ás materias de Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas e Ciencias Sociais (por tanto terán que comprar os libros de Ciencias da Natureza e de Inglés)
*Si lles asignan 6 libros corresponden a todas as materias (por tanto os de 3º EP non terían que comprar ningún libro de texto e os de 4º EP só terían que comprar o cadernillo de Inglés- Activity book)
Poderán presentar reclamacións durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
Publicaranse as listaxes definitivas o vindeiro 5 de xullo.
RECOLLIDA DE VALES (AXUDA DE LIBROS PARA ALUMNADO DE 1º E 2º EP E MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO DE PRIMARIA)
Comunícase que xa están publicadas as listas de admitidos e excluídos para a adquisición de vales para a compra de libros do alumnado de 1º e 2º EP e para a adquisición doutro material escolar do alumnado de Primaria.
Tamén poden comprobar o estado do seu expediente na aplicación “Fondolibros” entrando coa Chave 365.
A aqueles que lles corresponde algún tipo de vale o poderán recoller no colexio entre os días 2 e o 12 de xullo en horario de 10h a 14h. (o día 11 estará pechado o colexio por ser festivo local).
Se non poden nesas datas o poderán recoller en setembro.
*Recordámoslles que:
-En caso de extravío do vale o colexio non poderá expedir un duplicado.
-Unha vez entregado o vale, se o solicitante detecta algún erro, disporá de 10 días hábiles para emendar a solicitude devolvendo o vale recibido.
-Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.
-No momento da compra o solicitante deberá asinar tal vale e entregarllo ó establecemento.
-Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024-25
ALUMNADO DE NOVO INGRESO
-Informamos que para formalizar a matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso escolar teñen que cubrir e entregar na secretaría do colexio os seguintes impresos (do 20 ao 30 do presente mes):
*Formalización de matrícula
*Lingua materna (só alumnado 4ºEI)
*Teléfonos
*Autorización uso da imaxe
*Autorización de recollida do alumnado por persoas diferentes a nai ou pai
*Alerta Escolar (só se corresponde)
*Solicitudes de transporte e comedor (se están interesados no uso destes servizos).
*Aqueles que soliciten o uso de comedor terán que cubrir ademais a folla de AUTODECLARACIÓN.
Poden imprimir os impresos pinchando nos documentos adxuntos.
-E ademais deberán entregar:
*Fotocopia da cartilla de vacinas
*Fotocopia da tarxeta sanitaria
*4 fotografías tamaño carné (só alumnado de Educación Infantil)
*Celebrarase unha reunión coa titora de 4ºEI o día 25 de xuño ás 10h. (na medida do posible asistir sen os nen@s).
Podedes aproveitar ese día para entregar a documentación.