Esta semana toca preparar o Samaín xunto co Magosto na nosa clase.
Este ano adicarémolo a bruxas, bruxos, meigos e meigas...todos e todas preparando pócimas infinitamente máxicas.
Ao longo desta semana faremos diferentes actividades para traballar esta data de tanta tradición galega, como festa celta que indica o remate do verán e o inicio do outono, que mesturaremos co coñecido Halloween, xa que temos tamén língua inglesa e queremos mergullirnos tamén na súa cultura.
Xa vos imos contando!
Viremos disfrazados ou caracterizados ese día, xa podemos vir dende a casa ou podemos vestirnos no cole!!! De parva podemos traer, a nivel individual, unha degustación samaíntica ou de magosto, xa que polas circunstancias que nos están tocando vivir non podemos facelo doutra maneira.
Pero celebrámolo e quedámonos con iso!!!!!
Ademáis dos contidos propios destas datas traballados na aula: Magosto e Samaín ...dunha maneira interdisciplinar decoramos e ambientamos a clase ademáis de elexir melodías e coreografía axeitadas...unha das mellores a de Michael Jackson sen dúbida. Peron non queremos deixar a experiencia do TEATRO DE SOMBRAS:
Verdadeiras obras de teatro levadas a gran estrea na clase, pero aínda quedan moitas por representar xa que somos 24 a traballar de maneira individual, levendo a cabo todo o traballo da montaxe en escena
Os intres tremendamente especiais quedaron reflexados nestas imaxes, ainda sendo unha celebración moi estrana marcada polo COVID:
E ademáis unha merenda fantástica moi relacionada co tema grazas a colobaoración das familias: