Hoxe 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde.
Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños que vos sirvan para manter un bo estado físico e mental e un corazón forte e san!
Hoxe 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde.
Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños que vos sirvan para manter un bo estado físico e mental e un corazón forte e san!
Este ano , na aula de tres anos participamos no plan proxecta en PAISAXE E SUSTENTABILIDADE , por iso coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula , consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.
Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos?
Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade.
Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, Terra, sementes (Cabaza, pepino, , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!
Despois de plantar cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer.
E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn !
Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!
Rematamos xa este segundo trimestre. Un trimestre repleto de logros e avances polo que só poido felicitar ao meu alumnado por todo o conseguido !
Para rematalo e cómo agasallo ben merecido fixemos un coelliño de Pascua con sorpresa incluida...MMM
Ademais decoramos as bolsas para levar os nosos traballiños para a casa ,este ano relacionadas con tema de medio ambiente , flores e bolboretas.
Agora un merecido descanso e voltaremos cargadiños de enerxia para facer fronte ao terceiro e último trimestre !!
Boa Pascua !!
O 19 de Marzo recordamos dun xeito especial aos nosos papàs , por iso na nosa aula de 3 anos quixemos agasallalos cunha tarxeta feita con todo o agarimo e ilusión.
Agardamos que vos gustara papis e que pasàrades un día xenial!
Do 8 ao 12 de Marzo conmemoramos, segundo o calendario escolar a semana da prensa;unha semana na que traballamos e manipulamos xornais , recortamos, buscamos, investigamos, rasgamos...e coñecemos para que sirve un xornal , que contén e quen escribe .
Este ano , colaborando co departamento de actividades complementarias e extraescolares , elaboramos unha FAKE NEW e buscamos noticias relacionadas con Medio Ambiente e Saúde.
Os cativos e as cativas da clase de 5 Anos A quixemos homenaxear a Rosalía de Castro no seu día vendo, escribindo e debuxando algúns dos seus poemas e mais facendo un marcapáxinas e unha bonita flor coa forma das nosas mans.
Tal día coma o de hoxe conmemoramos o DÍA DA MULLER, un día que debemos de ter presente os 365 días do ano.
Quizáis hoxe deberíamos falar de mulleres científicas, astronautas, escritoras, as primeiras futbolistas...mulleres que por un motivo ou outro son importantes na historia e moitas de elas marcaron un antes e un despois.
Pero nós, hoxe ,na aula de tres anos ,quixemos ensalzar e dar a importancia que se merecen a unhas mulleres moi cercanas que cada día loitan e se esforzan e que , aínda que non saen en libros nen medios de comunicación marcan , para nós tamén, un antes e un despois.
Pois estas son nosas mulleres importantes das nosas vidas!!
O longo de esta semana de entroido realizamos diferentes actividades relacionadas con eixe vertebrador de este ano do noso cole.
En este resumo de imaxes mostramos diferentes actividades que fomos realizando. :
- Traballamos a importancia de incluir a froita na nosa dieta diaria elaborando MÀSCARAS SAUDABLES.
- Convertímonos en ENFERMEIR@S PEDIÀTRIC@S por un día , falando así da importancia destes profesionais no noso día a día.
- Elaboramos máscaras de coelliños utilizando MATERIAL RECICLADO
- PASÀMOLO XENIAL entroidando cos nosos disfraces o venres 12!!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |