Quen di que unha biblioteca é só para ler? Este ano actualizamos a nosa biblioteca escolar con algúns "recunchos creativos" como a mesa de luz ou o Kapla, pero somos moi ambiciosas e queremos potenciar aínda máis a vosa creatividade e introducirvos no mundo da arte e a fotografía. Por iso, para terminar o curso cunha boa sorpresa, anunciamos o concurso de fotografía de Fin de curso para os alumnos e alumnas de Educación Primaria. Aproveitamos a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente para traballar coa natureza e apreciar as paisaxes tan fermosas que nos rodean e as cales debemos atesourar e protexer.
Fixádevos ben nas indicacións para participar! e PREME AQUÍ para acceder ao blogue e ver a publicación completa coas imaxes das pinturas, das cales escolleredes unha para o voso proxecto. A data límite para a entrega é o 1 de Xuño, e o gañador/gañadora anunciarase na semana seguinte á entrega.
1) Escolle unha das pinturas que publicamos no blogue
2) Inspírate nela para crear a túa versión e fai unha fotografía (non vale unha foto antiga)
3) Imprime a foto en papel fotográfico ou cartolina e escribe o teu nome e curso por detrás para entregala na Biblioteca. Tamen podes enviala por correo a ceiparzuabiblioteca@gmail.com
Non esquezades poñer nome e curso!
- O gañador/gañadora do primeiro premio recibirá unha cámara de fotos instantánea e un libro.
- O gañador/a do segundo premio recibirá un libro.
Moita sorte!