Comparticontos

A celebración do Día do Libro  Infantil no cole foi todo un éxito. Os rapaces e rapazas do terceiro ciclo contáronlles e escenificaron contos para os nenos e nenas de infantil, que estaban cos ollos abertos coma pratos vendo aos seus compañeiros convertidos en contacontos.

Tódolos mestres estamos moi orgullosos do traballo feito polo alumnado, pois a súa participación  e entrega foi sorprendente. Parabéns rapaces!!

Preme aquí para ver as fotos de tan máxico momento.

 

Visita de An Alfaya

A Semana Do Libro estase achegando e, para ir abrindo boca, veunos visitar a escritora An Alfaya.

Coma sempre, conseguiu  contaxiarnos a súa ilusión polos libros invitándonos a imaxinar, a crear historias e a disfrutar da lectura COS CINCO SENTIDOS.

Ollade algún momento desta sesión premendo aquí.

Exposición fotográfica

Os nenos e as nenas de 5 anos B estiveron na Lúa! Vós tamén queredes? Pois, non dubidedes en visitar a exposición fotográfica que temos no cole ata o 13 de abril sobre O Universo.

Crea arte

Aquí tedes algún enlace para crear arte dende o ordenador, preme nas imaxes para poder velos

 Xogo para crear retratos como o pintor Pablo Ruiz Picasso

 

Imaxes en movemento

Un boneco feito con xiz axúdanos a manter limpo o cole. Ata para limpar temos arte!

Mirade o vídeo.

(Tanto este vídeo como o da entrada anterior fixéronnos os nenos e as nenas de 5 anos, sacando eles mesmos as fotos)

sentímolo, flash non está dispoñible.

Imaxes en movemento

Algo está pasando no cole, os zapatos andan sen pés!! Será maxia? Ollade o vídeo!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido

Como xa sabedes, este curso, dende o equipo de BIBLIOTECA propuxemos un tema de traballo común para todo o cole: A ARTE CONTEMPORÁNEA. Pois ben, como non pode ser doutro xeito, a arte tamén estivo presente no ENTROIDO. Foi unha explosión de cor, cargada dos mellores pintores, de moda hippie, de artistas e de personaxes de cine.

Preme na aquí ou na imaxe para ver as fotos.

 

ORGULLOS@S DO NOSO

COÑECENDO AO POETA UXÍO NOVONEYRA

 15 ACTIVIDADES PARA COÑECER AO NOSO POETA UXÍO NOVONEYRA NO CEIP DE ARZÚA.

Día da Paz

O pasado 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Xuntámonos para cantar contra a violencia á vez que construimos o noso propio Guernica. Cada aula pintou unha parte do cadro,de xeito que, entre todos e todas, enchémolo de cor esperanza agardando que nunca máis teñamos que ver na realidade a dor e o sufrimento que Picasso pintou no seu cadro.

Ollade que colorido quedou.

Powered by Drupal - Design by artinet