Todos os días a profe despois do recreo cóntanos un conto, e hai algúns que nos gustan especialmente, sendo un dos nosos favoritos o dos tres porquiños.
Queredes velo?
Ola a todos!
A nosa profe e máis nós queremos compartir con todos vos as nosas aprendizaxes, aventuras,os nosos amigos, en definitiva, toda a morea de cousas que imos aprendendo nesta gran escola . Por iso vos amosamos dende aqui algunhas das fotos para que vos fagades unha idea de TODO O QUE FACEMOS!!!!
Pinchade aqui e accederedes a todos os nosos secretos......
Temos fotografías dos nosos traballos para que as vexades dende aquí
O pasado trimestre o 1º Ciclo fixo sendeirismo polo contorno dentro do Plan valora e traballamos distintos aspectos.
Se desexades ver as fotos que fixemos pincha aquí
Para poder ver as fotos dos nenos e nenas de 2ºA pincha aquí
Os nenos e nenas de 1º A estamos a participar nunha actividade proposta dende o equipo da Biblioteca para ordenarnos cabaleiros e cabaleiras e ¡ xa falta moi pouquiño! ata incluso estamos practicando o ritual do nomeamento...
Temos que ler dous libros de lendas medievais e... xa rematamos hoxe o último
¡NON VOS DAMOS ENVEXA!
Noraboa aos nenos e nenas de 1º A que xa teñen o seu recuncho na páxina web do seu cole...
Algunhas das actividades que fixeron e están a facer, se queres velas pincha aquí
Na aula de 5 anos estamos traballando a unidade dos animais, mirade neste vídeo como eran as granxas na idade media!!
Recomendacións aos menores para unha navegación segura por internet.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |