Quenes se agochan no noso castelo?

Damas, campesiñas, bufóns, trobadores, artesanas, escribás, peregríns e outras personaxes da Idade Media andan a pasearse polos máis intrépidos recunchos do noso colexio.

Achegádevos ata a zona de Educación Infantil e intentade atopar a esta dama e este bufón que se agochan no noso castelo.

O equipo de educación intantil queremos agradecer a un antigo alumno do cole  ter colaborado con nós e obsequiarnos ca súa arte. Graciñas, Mikel por debuxarnos a estas dúas valentes personaxes e traérnolas ata tan humildes terras.

Enlaces fotos

ENTREGA DE DIPLOMAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

sentímolo, flash non está dispoñible.

PROMOCIÓN DA LECTURA A CARGO DA RAIÑA DA ORDE DOS LECTORES

 

 TODO UN ACONTECEMENTO PARA AS NENAS E NENOS LECTORES DO CENTRO. A BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP. DE ARZÚA ENVITOU A MESMA RAIÑA DA ORDE DOS LECTORES, QUEN ENTREGOULLES PERSOALMENTE OS DIPLOMAS ACREDITATIVOS NOMEANDOOS CABALEIROS E DAMAS DA ORDE.

Grazas a eventos como estes fomentase o amor pola lectura despertando a imaxinación dos máis pequenos ao mesmo tempo que viaxamos no tempo ata atopar os pergaminos, os escribas e todas esas aventuras e fazañas de damas e cabaleiros en castelos encantados que tanto nos gustan.

Grazas LOLI pola estupenda xornada que nos brindastes.Ver as fotos

A primavera en acuarela

Xa chegou a primavera!

Os nenos e nenas de 1º A quixemos reflexala coas nosas dotes na pintura dunha maneira distinta, utilizando a técnica da acuarela para amosarvos a variedade , o colorido e o noso interese por intentar facelo o mellor posible

Esperamos que vos guste a Primavera de 1º A e para visitar o noso peculiar museo pincha aquí

IMG_2661.JPG

A Orde dos lectores

Os rapaces e rapazas de 1º A xa fomos nomeados damas e cabaleiros da excelentísima Orde dos Lectores, proposta polo equipo da Biblioteca.

Con este nomeamento comprometémosnos a defender e protexer a eses seres inanimados , á vez tan fantásticos e tan máxicos, OS LIBROS.

O acto foi moi maxestuoso , tal como esixía o acto, para vernos pincha aquí

DINNER FOR TWO (COMIDA PARA DOS)

Vídeo para traballar, na etapa de infantil e primaria, a convivencia pacífica entre os alumnos e a necesidade de compartir en lugar de poseer e pelexar.

É un filme curto (8 minutos) de National Film Board of Canada en debuxos animados e que non emprega a linguaxe oral.

http://www.edu3.cat/Edu3tv/Fitxa?p_id=17243

Unha proposta didáctica para traballar cos alumnos de infantil e 1º ciclo:

 

 

XORNADAS SOBRE TDA/H EN SANTIAGO

Os días 11 e 12 celébranse en Santiago unhas xornadas sobre o Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade que poden interesar a mestres ou pais. Abordan a  definición  e o tratamento conductual e médico do trastorno.


Máis información en:

http://jornadas.vietkong.es/1.html

FESTEXAMOS O DIA DO LIBRO!!

 

LENDAS MEDIEVAIS

Dende a biblioteca, seguindo co tema do Medievo, e de carra a traballar todos os aspectos do Currículo propoñemos:

Que nas aulas, nas vosas casas, así como na biblioteca, vos animedes a les as LENDAS MEDIEVAIS quena seleccionamos e tedes colocados nos expositores e tablóns do centro.

 Seredes nomeados Cabaleiros da "REAL ORDE DE CABALEIROS LECTORES DAS LENDAS MEDIEVAIS"

 Requisitos:

 -É imprescindible les 2 lendas mínimo co visto e prace do titor. Nesta semana farase entrega do diploma que confirma o nomeamento.

Diploma da orde dos lectores do CEIP de Arzúa

View more documents from orballo.

Powered by Drupal - Design by artinet