POLO CORREO DO VENTO VISITA O NOSO CENTRO PARA FACER UN PERCORRIDO POLA BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA

Esta semana, no noso centro, celebramos as Letras Galegas e, para comezar, nada mellor que recibir ao colectivo "Polo Correo do Vento" que nos contou cousiñas da escritora homenaxeada este ano; Luísa Villalta.

Mentres Enrique nos relataba a biografía da escritora, Carlos Taboada debuxaba un mural no que ía aparecendo unha caricatura de Luísa Villalta acompañada daqueles elementos que o seu compañeiro relataba.

    

 

Polo medio, Robertiño púxolle música a algúns poemas; entre eles, un de Manuel María, no que todas e todos cantamos o retrouso. 

Para rematar, coa axuda das indicacións do ilustrador deste colectivo, todas as nenas e nenos fixeron a súa propia caricatura de Luísa Villalta acompañada dun pequeno caligrama. 

Grazas a esta xentiña por facernos pasar un momento tan agradable ao profesorado e ao alumnado!!

Powered by Drupal - Design by artinet