Cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro co fin de fomentar a lectura.
Pero.... por qué o 23 de abril?
Pois moi sinxelo, a data escollida coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, como xa sabedes un dos autores máis recoñecidos da literatura Española.
Os libros permítennos somerxernos no mundo que nos debuxa o escritor e escritora, deixando voar a nosa imaxinación...pois nós poñemos caras e mesmo situamos ese escenarios que nos describen... en definitiva imos creando unha especie de “película” na nosa mente.
Ademais, estes, axúdannos en moitos momentos a entender mellor a nosa contorna ou as nosas propias emocións... e todo isto sen pedirnos nada a cambio.
Este ano, é un Día do libro diferente pola situación que nos está tocando vivir... por iso unha serie de autores/as decidiron compartir as súas creacións dun xeito altruísta para axudarnos a todos e todas nós a entender un pouquiño mellor que é o que está pasando.
A continuación deixo unha serie de contos relacionados coa pandemia do COVID-19, para desfrutar neste día do Libro:
PARA ACCEDER AO RECURSO PREME NA IMAXE
MOITO ÁNIMO