5º PRIMARIA PAPAVENTOS

 

NO ADXUNTO PODERÁS ATOPAR COMO FACER PAPAVENTOS.

DIVÍRTETE!!!!

XORNAL ESCOLAR

LIBROS DE TEXTO 2015-2016

DENDE A BIBLIOTECA DO COLE

          Dende o departamento da Biblioteca do CEIP As Mercedes ,queremos agradecer aos pais/titores...o voso apoio no fomento da lectura dos nosos alumnos durante todo este curso escolar,2014-2015.

          Grazas por colaborar connosco a que os nenos fosen responsables cos libros que se levaban para casa cada semana e por manter durante todo este período o valor da lectura.

          É por ese motivo, que empezamos, neste mes de Xuño, unha campaña de recollida de libros de lectura (contos), baixo o nome de: "COLABORA CONNOSCO " co fin de que todos aqueles que teñades libros de lectura ( que estean nun estado óptimo) e que vos vaiades desfacer deles agora que finaliza o curso, os traiades á nosa Biblioteca para que poidan formar parte das coleccións de libros que xa temos.

           O noso obxectivo, con isto, é que os libros sigan sendo de axuda, entretemento, estímulo e enriquecemento para outros nenos.


            Moitas grazas, a todos, pola vosa colaboración.


 

VIDEOS LETRAS GALEGAS 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Deixámosvos unha pequena mostra das actuación do festival das letras galegas 2015.

 

 

 

BALONMÁN NO COLE

HOXE houbo moito balonmán no COLE!! Queremos dar as grazas dende aquí a todos os que fixeron posible que gozásemos como ananos!!

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

 

CONTACONTOS INFANTIL

 

O pasado 12 de maio os nenos de infantil  tivemos ocasión de disfrutar coa presenza dun contacontos co que pasamos un rato moi divertido. Aquí podedes ver algunha foto desta actividade.

            

Distribuir contido