DENDE A BIBLIOTECA DO COLE

          Dende o departamento da Biblioteca do CEIP As Mercedes ,queremos agradecer aos pais/titores...o voso apoio no fomento da lectura dos nosos alumnos durante todo este curso escolar,2014-2015.

          Grazas por colaborar connosco a que os nenos fosen responsables cos libros que se levaban para casa cada semana e por manter durante todo este período o valor da lectura.

          É por ese motivo, que empezamos, neste mes de Xuño, unha campaña de recollida de libros de lectura (contos), baixo o nome de: "COLABORA CONNOSCO " co fin de que todos aqueles que teñades libros de lectura ( que estean nun estado óptimo) e que vos vaiades desfacer deles agora que finaliza o curso, os traiades á nosa Biblioteca para que poidan formar parte das coleccións de libros que xa temos.

           O noso obxectivo, con isto, é que os libros sigan sendo de axuda, entretemento, estímulo e enriquecemento para outros nenos.


            Moitas grazas, a todos, pola vosa colaboración.