Publicado o luns 19 xaneiro 2009
A Asociación Española de Pediatría (AEP) propón as seguintes recomendacións a pais e xoves navegantes á hora de utilizar a internet:
Recomendacións para os pais:
- Deixar que os nenos naveguen por internet si están acompañados.
- Non poñer o ordenador na súa habitación.
- Tentar poñernos informáticamente á altura dos nosos fillos.
- Utilizar programas e filtros de protección parental para a navegación por internet.
- Cando chateemos, nunca debemos dar nin pedir direccións, números de teléfono ou calqueira outra información que poida identificarnos.
- Ter moito coidado cando se chatea con descoñecidos, xa que pode ser perigoso. É mellos saír do chat ou denegar o acceso a estas persoas.
- Evitar por riba de todo chatear pola noite.
- É bo que os pais chateen e naveguen xunto cos seus fillos de cando en vez.
- É recomendable que os pais coñezan a clave de acceso de e-mail dos seus fillos.
- E tamén e necesario consensuar con eles reglas para navegar por internet.
Cinco consellos para os xoves cibernautas:
- Desconfía da persoa que quere saber demasiadas cousas. Non deas ningunha información respecto de ti, ou da túa familia (por exemplo o teu nome, o teu número de teléfono, a túa dirección, a do teu colexio…) sin falar antes cos teus pais.
- Si recibes ou ves algunha cousa desagradable, ou que che parece rara, non trates de seguir investigando pola túa conta, fálao cos teus pais ou profesores.
- Si tes interés ou intención de atoparte físicamente con algunha persoa que coñeciches a través de internet, informa sempre aos teus pais e aconsella a quen quere coñecerte que faga o mesmo. Non vaias nunca só á cita. Deste xeito podes evitar algún encontro desagradable.
- Navegando, non entres nunca en sitios de pago nos que che solicitan o teu número de tarxeta de crédito ou que che soliciten o teu nome ou dirección.
- Si atopas un sitio onde está escrito “acceso proibido a menores” respeta esta indicación.
Aquí vos deixo unha páxina moi interesante por si vos atopades con algunha web indesexable e o queredes denunciar: http://www.protegeles.com/