Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

blogue deadmin

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS GRATUITAS PARA O ALUMNADO

 

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial:

a) Non ten que presentar a solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar a solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Deben descargar e cubrir o ANEXO ADXUNTO e presentalo na Secretaría do centro.

PRAZO:

Do 15 ao 26 de novembro de  2021.

OBSERVACIÓNS PARA O PROCEDEMENTO:

  • Todo o alumnado que recibiu axuda de material escolar non precisa entregar solicitude e terá dereito a recibir as máscaras gratuitas.
  • Dende o centro educativo remitiremos un aviso para aquelas familias que se atopen nalgunha das situacións expostas e que deban cubrir a solicitude e entregala en prazo.
  • Faremos entrega das máscaras unha vez adquiridas e sempre despois de que remate o prazo para este procedemento.

 

 * Podedes acceder á normativa que regula este procedemento premendo AQUÍ

 

ACTIVIDADE DO CONCELLO DO PORRIÑO. PINCHONENO

 

Dende o Concello envíannos información sobre O EVENTO PINCHONENO. Pinchando no cartaz accederedes a todo a información.

 

            

Claustro do curso 2021/2022

CLAUSTRO DE DOCENTES - CURSO 2021/2022

EQUIPO DIRECTIVO:

Directora:........................................... Mª Begoña López Prieto

Xefa de estudios:................................. Mª Rita Saavedra Rodríguez

Secretaria:.......................................... Mª del Rosario Santiago Castro

 

TITORES:

EDUCACIÓN INFANTIL

E.I. 3 anos:......................................... Beatriz García Torres

E.I. 4 anos:......................................... Sandra López Fernández

E.I. 5 anos:......................................... Ana Mª Crespo Fernández

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º E.P:................................................... Patricia Alfaya López

2º E.P:................................................... Lorena Mantilla Quiroga

3º E.P:................................................... Cristina Eiró Rodríguez

4º E.P..................................................... María del Mar Fernández Sestelo

5º E.P..................................................... Cecilia González Coto

6º E.P..................................................... Natalia Moroño Montes

 

ESPECIALISTAS:

Inglés primaria......................................... Mª Begoña López Prieto

Ingles EI/EP/ Expresión EI...................... Cristina Eiró Rodríguez

Educación Primaria.................................. Mª Rita Saavedra Rodríguez

Educación musical:................................. Cecilia González Coto

Educación física:..................................... César López Mougán

Relixión:.................................................. Margarita Lamas Rodal

Pedagoxía terapéutica............................ Mercedes Valado Valado

Orientadora:............................................ Mª del Rosario Santiago Castro

Audición e linguaxe:................................ Lourdes Lista Neira

 

Día do Ensino e Festivo Nacional.

Festivo local - Luns 27 de setembro

Horario reunións familias

A reunión co titor/a correspondente realizarase o día 7 DE SETEMBRO, MARTES.

A esta reunión soamente poderá asistir unha persoa por familia e sen alumnos/as.

Os horarios serán os seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EI (3 anos)

12:00 h.

1º EP – 09:30 horas

2º EP – 10:00 horas

5º EI (4 anos)

10:45 h.

3º EP – 12:00 horas

4º EP – 10:00 horas

6º EI (5 anos)

09:30 h.

5º EP – 09:30 horas

6º EP – 12:00 horas

Becas NEAE

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 21-22

 

Recordamos que o prazo de presentación de solicitudes é dende o 3 de agosto ao 30 de setembro (ámbolos dous incluídos)

A solicitude pode xerarse no seguinte enderezo:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1554

 

O Departamento de Orientación recollerá as solicitudes para proceder á súa validación dende o 1 ata o 30 de setembro ámbolos dous incluídos. Tamén se resolverán as posibles dúbidas que poidan xurdir.

Para acudir ao centro, aconséllase pedir cita con anterioridade:

- Chamando ao teléfono do centro 886110435

- Enviando un correo electrónico ao enderezo do departamento de orientación dobudiño@gmail.com

 

PREMER PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

 

Benvida ao novo curso 2021-2022

 

Benvidos ao curso escolar 2021/2022. Este curso daremos comezo coa xornada lectiva o día 9 de setembro, xoves.

Esperámosvos con moita ilusión, para disfrutar deste novo curso xuntos.

LISTAXE DE LIBROS E MATERIAIS PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

Estes son os libros e materiais que se necesitarán para o vindeiro curso 2021-2022 que comezará o día 9 de setembro:

 

      

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

NORMA:

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en entros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 ( Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021)

 

DESTINATARIOS DAS AXUDAS:

 

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Alumnado matriculado en 3º e 4º
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO:  Alumnado de 1º e 2º de Educación primaria (curso 2021-2022)
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de Educación Primaria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 18 de xuño.

 

ADXUNTOS:

- ORDE 6 MAIO 2021

- ANEXOS I E II

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut