O pasado venres 8 de novembro celebramos o magosto: fixemos un circuito de xogos no que participaron todos os nen@s do colexio, e despois comemos as castañas asadas, para matar a fame que nos entrou de tanto correr. Mirade que ben o pasamos...!!
|
|
O mércores 30 de outubro puxemos o colofón á semana do Samaín, pois coa colaboración da Anpa tivemos Túnel do Terror e Inchables para Primaria, e contacontos con Inma Soto, Concerto con Xoan Curiel e Inchables para Infantil.
|
|
Para poñer a proba @s nos@s lector@s o Equipo de Biblioteca deseñou unha xincana na que tiñan superar varias probas relacionadas cos títulos que tiñan que ler...
|
|
Visitamos Funtastik, que contaba cun espazo temático de LOS PITUFOS que serviron como fío condutor para educar nos Obxectivos de Desenrolo Sostible, unha zona LEGO e un circuito con pista de patinaxe sobre xeo ecolóxico, inchables de salto para os mais cativos e circuítos de inchables onde realizaron probas de esforzo e superación, completando o percorrido de obstáculos e probas deportivas ata chegar a meta.
|
|
Durante unha semana tivemos a exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior” ademais da realización de 3 obradoiros ambientais – visita guiada á exposición. Tamén nos facilitaron a unidade didáctica-ambiental “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.
|
|
O día 7 de xuño celebramos o Festival de Fin de curso que pon o broche a este curso 2023/24. Houbo bailes, teatro,... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria. Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival. Ademáis, podedes ver o video de despedida d@s alumn@s de 6º. |
FESTIVAL
|
|
DESPEDIDA 6º
|
|
@s alumn@s de 5º de Primaria puideron visitar a Central Hidroeléctrica de Velle, onde lles ensinaron como se produce a electricidade co movemento da auga. Que pasada!!
|
|