Con esta exposición dos distintos tipos de ecosistemas @s alumn@s de 3º tamén traballaron os Obxectivos de desenvolvemento Sostible (ODS).
|
|
@s alumn@s de 4º participaron no obradoiro "Pupas, sustos e outros disgustos", realizado por persoal sanitario de Sergas co obxectivo de proporcionar ó alumnado nocións básicas de primeiros auxilios. |
|
@s alumn@s de 4° participan no traballo realizado por estudiantes de segundo grado de E.P. na materia de Didáctica das Ciencias Experimentais para a creación dunha Horta.
|
|
@s alumn@s de 3º asistiron ao VI Xornada do Día da muller e a nena na ciencia que se celebrou na Praza do Bispo Cesáreo o pasado 10 de febreiro. |
|
|
|
Os alumno@s de 4º fixeron un mural explicativo do ciclo da auga e por quendas expusérono na clase:
"Debemos respectar e protexer a hidrosfera evitando que se contamine pola vertedura de substancias e obxectos . Ainda que ás veces pareza que a auga desaparece, a súa cantidade permanece sempre constante. O que ocorre é que se atopa en continuo movemento."
|
|
|
Hai moitas estratexias para abordar a resolución de conflitos, pero unha moi gráfica e clarificadora e o uso deste semáforo que nos propoñen @s alumn@s de 3º de Primaria!! |
|
|
@s alumn@s de 2º visitaron a Biblioteca Municipal de A Ponte, onde participaron en distintas actividades de animación á lectura. |
|
|
Así é a nosa cidade. Tod@s @s veciños/as da nosa localidade podemos gozar duns servizos municipais grazas ao traballo de moitas persoas: servizos culturais e de ocio, servizos de transporte, de protección, etc. Os servizos municipais son públicos, é dicir pagámolos entre tod@s e son de tod@s. Para evitar accidentes e facilitar os desprazamentos, establecense normas de circulación que todos debemos respectar, peóns e vehículos. |
|
|
@s alumn@s de 4º de Primaria empregaron a biblioteca como fonte de recursos para indagar na biografía de grandes mulleres e elaboraron unhas bolsas decoradas co material que recopilaron. Aquí tedes o vídeo desta actividade. |
|
|
Para ilustrar as formas de relevo @s alumn@s de 3º elaboraron estas maquetas tan vistosas, non volas perdades!! |
|
|