Skip to Content

Entradas recentes

FASE ESCOLAR CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS 2024

Na mañá dos días 13 e 14 de novembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través (Xogade). Acudimos con 107 atletas, dos que resaltamos un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 2º posto de Daniel Gutiérrez Suárez en Benxamín masculino, 1º posto de Irene Soto Pérez en alevín feminino,  e 2º posto de Marcos Gutiérrez Suárez en infantil masculino.

Podedes consultar a clasificación nos PDFS adxuntos:

(BENXAMÍN E ALEVÍN)

PDF RESULTADOS INFANTIL M E F

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

EDLG: MURAL DO MAGOSTO

MAGOSTO 2024

O pasado venres 8 de novembro celebramos o magosto: fixemos un circuito de xogos no que participaron todos os nen@s do colexio, e despois comemos as castañas asadas, para matar a fame que nos entrou de tanto correr. Mirade que ben o pasamos...!!

SAMAÍN 2024

SAMAÍN 2024 COA ANPA

O mércores 30 de outubro puxemos o colofón á semana do Samaín, pois coa colaboración da Anpa tivemos Túnel do Terror e Inchables para Primaria, e contacontos con Inma Soto, Concerto con Xoan Curiel e Inchables para Infantil.

BIBLIOTECA: Xincana de Samaín

Para poñer a proba @s nos@s lector@s o Equipo de Biblioteca deseñou unha xincana na que tiñan superar varias probas relacionadas cos títulos que tiñan que ler...

 

 

 

 

EDLG co Samaín 2024

 

SAMAÍN NO CURROS

PRIMARIA: Funtastik

Visitamos Funtastik, que contaba cun espazo temático de LOS PITUFOS que serviron como fío condutor para educar nos Obxectivos de Desenrolo Sostible, unha zona LEGO e un circuito con pista de patinaxe sobre xeo ecolóxico, inchables de salto para os mais cativos e circuítos de inchables onde realizaron probas de esforzo e superación, completando o percorrido de obstáculos e probas deportivas ata chegar a meta.

PRIMARIA: “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”

Durante unha semana tivemos a exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior” ademais da realización de 3 obradoiros ambientais – visita guiada á exposición. Tamén nos facilitaron a unidade didáctica-ambiental “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.

Distribuir contido


by Dr. Radut