PROCESO DE ADMISIÓN
Normativa de aplicación
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
O prazo de presentación das solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI) e a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo alegados.
Lembren que soamente se pode entregar unha solicitude. Para renunciar a unha solicitude de admisión ordinaria anterior (do 1 ao 20 de marzo) terá que presentar unha nova solicitude ED550B en prazo na que terá que cubrir os datos que aparecen no recadro “Supostos específicos”.
A solicitude pode facerse:
* de xeito presencial no centro.
* de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta
Área de influencia do centro:
Marxe dereita do río Barbaña dende a ponte de Ervedelo, marxe esquerda do río Miño dende os Remedios ata a Ponte Nova. Ponte Nova, Curros Enríquez, interior de Praza Eduardo Barreiros, Rúa do Paseo ata Rúa Concordia, Rúa Concordia ata Rúa Paseo, Rúa Ervedelo ata a Ponte. Todas as rúas interiores dentro deste límite.
Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP O Couto, CEIP As Mercedes, CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro, CEIP Prácticas e CEIP A Ponte.
O formulario de solicitude (ED550B):
*será facilitado gratuitamente no centro.
*pódese descargar no arquivo adxunto nesta páxina
*tamén estará na aplicación “admisionalumnado” .Poden cubrir a solicitude nesta aplicación e entregala no centro con todos os apartados cubertos e asinada debidamente.
*Tamén a poden presentar na sede electrónica con certificado dixital ou Chave 365.
(instrucións para cubrir a solicitude online)
Lembren que a solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo II-bis).
É importante que cubran a autobaremación (domicilio ou lugar de traballo, renda, irmáns no centro...), pois o que non aleguen non se lles terá en conta á hora de baremar.
Para a valoración da renda da unidade familiar, indicarase a cantidade que figure nos recadros base impoñible xeral (Casiña 435) e base impoñible do aforro (Casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural en que se presenta a solicitude; no caso de declaracións individuais dos proxenitores, incluiranse ambas.
O criterio complementario que se aplicará no centro para a baremación é: "ser fillo/a ou irmán/a de exalumno/a".
DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
*Presentación de solicitudes de admisión: 1 ó 20 /03
*Prazo entrega de documentación (só centros que bareman): 10 días hábiles entre o 21 de marzo e o 11 de abril.
*Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos: 25/04.
*Prazo de reclamación:cinco días hábiles despois da publicación da listaxe provisional (26/4 a 3/5).
*Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 15/05.
*Período de matrícula en Educación Infantil e Primaria.: 20 ao 30 xuño
VACANTES DISPOÑIBLES NO CENTRO PARA O CURSO 2024-25:
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) : 20 (17+3*)
5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 0
6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos): 1
1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0
3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0
4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0
5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0
6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0
*Do total das vacantes resérvanse tres prazas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. De non cubrirse con alumnado desas características cubriranse polo proceso ordinario.
Ourense, 24 de febreiro de 2024
O Director
Asdo.: Juan Carlos Cruz Pazo
formulario_admisión_galego.pdf
formulario_admisión_castelán.pdf