|
Con motivo do Día de Rosalía de Castro (24 febreiro) e do Día Internacional da Muller (8 de marzo) celebrouse un Concurso de Poesía para todos os cursos de Infantil e Primaria. O tema dos poemas é “MULLER TRABALLADORA: ROSALÍA PRECURSORA”. Os poemas tratan temas coma o papel da nai na familia, a muller no campo, a emigración, a morriña, a soidade, o folclore, a natureza, os costumes... Aproveitando a semana dedicada ás Letras Galegas entregamos os premios ás/aos gañadores deste concurso. Noraboa a tod@s!!!
|