Skip to Content

4º-5º-6º PRIMARIA: SEMANA DA MOBILIDADE

O CEIP Curros Enríquez súmase a SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, que se celebrou do 16 ao 22 de Setembro, participando nas actividades de sensibilización, organizadas polo Concello de Ourense, a través das Concellerías de Educación, Medio Ambiente, Transporte e Mobilidade e Tráfico. en colaboración coa DGT (Jefatura Provincial de Tráfico de Ourense).

Este ano a campaña organízase baixo o lema "Camiña con nós", e que ten como obxectivo, sensibilizar tanto os responsables politicos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade tanto para a saúde pública como para o medioambiente, e os beneficios do uso dos medios de transporte mais sustentables como o transporte público, como a bicilcleta e as viaxes a pé.

@s alumn@s de 4º participaron nas  Sesións formativas de mobilidade sostible e circuito de educación viaria e @s de 5º e 6º nos Circuitos de accesibilidade "Ponte no meu lugar" en colaboración coa ONCE, COGAMI, DISCAFI e AIXIÑA.



page | by Dr. Radut