Na primeira semana de xullo poden pasar pola secretaría do centro recoller os vales de adquisición de libros e material.
En breve publicaremos a adxudicación dos libros de 3º e 4º do Fondo Solidario de Libros de texto. O reparto farémolo en setembro.
As familias que sobrepasan o limiar da renda están excluídas dos vales, pero participan no reparto de libros do fondo, pois o número de unidades existentes é superior ás solicitudes recibidas.