Skip to Content

INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS: "A NENA E O GRILO"

 @s alumn@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos asistiron ao Auditorio para disfrutar de "A nena e o grilo nun barquiño", de Magín Blanco, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e a creatividade.

A historia dunha andanza amable e luminosa, máis próxima ao intercambio que á competitividade. As dúas personaxes vivirán unha viaxe coa que descubrir o mundo a través de aventuras que inciden na solidariedade, o respecto pola natureza, a identidade e o universo afectivo. A nena e o grilo nun barquiño, a segunda entrega de A nena e o grilo, soa a ledicia, a tradición e contemporaneidade, a Beatles, a retrousos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a guitarra, a silencio...

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut