O Auditorio Municipal de Ourense acolleu en outubro "Rubicundo", de Teatro dos Ghazafelhos, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. ao que asistiron @s alumn@s de 3º de primaria. Todas as noites Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara neste personaxe con gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás a curiosa e soñadora Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio. Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía que nos anima a perseguir os nosos soños sen límites nin distancias. Unha posta en escena chea de sorpresas que pasan pola música, os monicreques, a acrobacia e o claqué, entre outros. Adaptación do libro de Rubicundo de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. |
|
3º: "RUBICUNDO"
- 27 lecturas