Circopeta, de Odaiko Percussion Group, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación: música, clown e gags teatrais en galego para os nosos alumn@s de 1º e 2º de primaria.
Instrumentos da vida cotiá (os mal chamados instrumentos pobres), sonoros tambores de plástico reciclados, ritmos conxuntos con coreografías motóricas, melodías de instrumentos de láminas e unha interacción poderosa coa audiencia farán deste peculiar circo un medio de expresión afastado da abafante tecnoloxía e próximo ás inquedanzas dos máis pequenos. Música, clown e gags teatrais de catro músicos do rural galego que fixeron as delicias do público máis esixente.
|
|