|
@s alumn@s de 6º acudiron ao auditorio municial para ver "Laberinto", de Zarándula, unha actividade do Programa de Educación Financeira de ABANCA, enmarcada na programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación.
Esta obra de teatro intenta ensinarlles que o camiño máis sinxelo non sempre é o que che axuda a saír do labirinto. Para saír, sempre se precisa contar con algo que te guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son eses fíos que nos fan a atopar a saída aos problemas.
Daniel sabe que na casa non sobra o diñeiro, mais, por que non pode ter un Iphone como os seus amigos? Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? Ou ir esquiar? A el gustaríalle deixar os estudos e traballar para poder mercar o que quixese.
|