O día 14 de xaneiro @s alumn@s de 4º de Primaria participamos nunha actividade na que aprendemos a almorzar de xeito saudable. Nela ensináronnos algunhas cousas sobre os alimentos e puidemos facer prguntas para aclarar as nos@s dúbidas. De seguido fixemos un xogo que consistía en pegar nun cartón de leite as fases que atravesa o leite ata chegar aos supermercados. E por último, tomamos o almorzo que nos prepararon. Grazas a esta actividade saberemos como almorzar de xeito saudable acotío, para vir ao colexio con máis enerxía.
Claudia, 4º de Primaria
|
@S DE 4º COMEZAN O DÍA CON ENERXÍA
- 27 lecturas