Skip to Content

A PITA DAS EIROÁS

 

O pasado mércores contamos no cole coa presenza de Lois Pardo, membro da Asociación Amig@s da Pita que nos veu a falar do Entroido, das diversas máscaras do noso país e da Festa da Pita, que inclúe varios días grandes de celebración e troula: o domingo Fareleiro, o domingo Oleiro e o martes de Entroido, que comeza pola mañá co folión polas rúas das Eiroás, segue coa escenificación teatral de Voda de Pita, con comida-banquete de voda baixo carpa, concurso de disfraces amenizado cunha orquestra e remata o día coa queima do Meco. 

Tamén compartimos a visita dunha Pita das Eiroás que falou dos compoñentes do traxe e da carauta, e fixo soar as chocas do seu cinto para todos nós.

Ademais @s alumn@s de 5º e 6º decoraron as olas para celebrar o "domingo oleiro" no colexio, que en realidade foi un "venres oleiro", pero pasámolo igual de ben lanzando as olas, que se resistían a romper !!!
 

 

 Para máis información sobre a pita das Eiroás  www.festadapita.eu


page | by Dr. Radut