Na mañá do xoves 11 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. O tempo respetounos, xa que ademais de non chover, ata houbo unha boa temperatura para correr, xa que luciu o sol nalgún momento.
Acudimos con oitenta atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos nas categorías de benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.
Compre destacar o 2º posto de Ismael Súarez en benxamín, e o 3º posto de Paz Calviño en infantil.
Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!
CLASIFICACIÓN CROSS ESCOLAR
|
|
|
|