O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense convidou aos alumnos de 3º de Primaria do noso Colexio a participar no obradoiro "Ludus, a xogar como romanos!". Os romanos eran moi afeccionados ó xogo. Nenos e adultos xogaban na casa, na rúa, no foro e incluso cando viaxaban. Moitos dos xogos romanos sobreviviron ata hoxe en día, pero a era dos videoxogos e da Internet provoca que moitos nenos tendan a xogar no interior das súas casas a xogos individuais e moitos xogos dos seus pais e avós, cuxa orixe está en Roma, estean agora en desuso. Con este obradoiro os nenos achegáronse aos xogos cos que se entretiñan os nenos –filius- romanos. Xogos de tipo motriz e intelectual, cos que viaxamos no tempo ata o século I a V, cando os romanos vivían nas nosas terras.
A actividade completouse coa fabricación de xogos que facilitaron unha aprendizaxe lúdica e activa. Esta actividade enmárcase dentro da programación con motivo do Día Internacional dos Museos. Este ano co lema: “Os vínculos creados polas coleccións dos museos”.
|
|
CLICADE NA FOTOGRAFÍA PARA VER O RESTO DAS FOTOGRAFÍAS DO OBRADOIRO |
|