Skip to Content

EXPERIMENTO DO APARATO RESPIRATORIO

 

 

EXPERIMENTO DO APARATO RESPIRATORIO 

(clica nas fotos para amplialas)

Materiais:

  • 1 botella

  • 2 palliñas

  • 2 globos

  • 1 bolsa de plástico

  • Cúter, cinta adhesiva.

Instrucións:

1. Corta a parte inferior da botella e quita o tapón.

2. Pega coa cinta adhesiva os globos á parte que se dobra das palliñas e introdúceas na botella.

3. Tapa a parte do tapón co celo despois de meter as palliñas xa unidas entre si; logo ata as asas da

bolsa de plástico e fai un burato na parte inferior da bolsa.

4. Mete a botella polo burato, pega a bolsa á botella e...

 

XA TES O TEU APARATO RESPIRATORIO ! PODES VELO FUNCIONAR NESTE VIDEO!

   



page | by Dr. Radut