Skip to Content

VISITA Á POLICÍA LOCAL

   O mércores 24 de abril visitamos á Policía Local.
   Fixemos o percorrido camiñando pola beira do río, no barrio da Ponte, ata a ponte do Milenio, onde sacamos unha  foto de toda a clase.
   Cando chegamos ,  ensináronnos un plano da cidade de Ourense onde aparecían todos  os  semáforos (luz verde funcionaban , luz vermella estaban estropeados).
   A continuación  pasáronnos a unha sala onde a xente viña a facer as denuncias ou a solicitar algún permiso. Tivemos que falar moi baixo para que puideran seguir traballando.
   A sala seguinte foi moi interesante. Era unha sala como a que aparece nas películas, chea de pantallas onde controlaban o tráfico das diferentes zonas da cidade.
   Tamén nos ensinaron a sala de tiro. Alí puidemos ver as dianas para a práctica de tiro e  explicáronnos como era unha bala por dentro. Explicáronnos que para que o ruído non afectara aos oídos tiñan que utilizar auriculares e que para que non          rebotaran as balas, todas as paredes e o chan estaba recuberto de caucho.
   Por último, ensináronnos os coches e a motos que utilizaban. O coche que utilizan cando deteñen a unha persoa, ten o asiento de atrás separado por un plástico moi duro para que non poidan agredir aos policías, e as portas soamente se poden abrir dende fóra. Puidemos entrar nel e escoitar a bucina.
                  

                                                                 Kely, Paz e Manuel 4º de primaria.




page | by Dr. Radut