Skip to Content

VISITA AO CONCELLO

O martes 9 de abril as 10:00 da maña os nenos e nenas de cuarto marchamos andando ao Concello a ver o Salón de Plenos. Ao chegar, sentámonos nos sitios dos concelleiros e concelleiras. Algúns d@s compañeiro@s da clase tomaron posesión do seu cargo como alcalde, 1º e 2º teniente de alcalde, secretario e interventor, para o que leron un pequeno texto. Todos eles con trato de “Excmo.” Outros dous formaron parte do protocolo.                                                                                                                

A continuación explicáronnos as partes dos escudos de España, de Galicia e de Ourense, as coroas e as bandeiras. Tiñan nomes realmente complicados como “A coroa do Sacro Imperio Romano e Xermánico”. Rematamos a sesión facendo preguntas á Corporación.

Finalmente marchamos andando outra vez ao cole.

 

(Manuel Cachaldora Borrajo 4º de primaria).



page | by Dr. Radut