O mércores 20 de marzo fomos á biblioteca da Ponte. Fixemos o percorrido dende o colexio en autobús urbano. Durante a visita, que durou dúas horas, as monitoras explicáronnos como estaban ordenados os libros. Despois deixáronnos coller libros para miralos. Había libros de todo tipo: libros para ler, libros para ver e incluso para ulir. Tamén nos dixeron que nunha biblioteca deberíamos deixar sempre os libros enriba da mesa para que os responsables poideran colocalos despois no seu andel.
A continuación, fomos á sala de animacion á lectura. Alí Paz e máis eu, lemos un conto que se titulaba “Aladino e a lámpada espantosa”. Logo formamos tres equipos; cada un tiña que elaborar un mini-conto con tres tarxetiñas que contiñan o protagonista, o lugar e os poderes que tiña o personaxe. Os equipos leron cada conto e ao finalizar agasalláronnos cun lapis e un marcapáxinas.
Ángela (4º de primaria)