Skip to Content

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO: EDUCACIÓN VIARIA PARA OS ALUMN@S DE 3º

O pasado 27 de febreiro os alumn@s de 3º de Primaria acudiron a actividade de Educación Viaria organizada polo Concello no Parque Infantil de Tráfico (PIT), que está instalado en Expoourense.

Alí conseguiron:

  • Coñecer as normas e adquirir hábitos axeitados para a circulación peonil tanto na cidade coma na estrada.
  • Valorar a importancia e a necesidade de respecto das normas e sinais de tráfico e coñecer o seu significado e bo uso.
  • Adquirir condutas seguras e hábitos correctos fronte ás diversas situacións de tráfico: peón autónomo, usuario do transporte público e privado e condutor de bicicleta poñéndoas en práctica como hábitos dos diferentes contornos: urbano e rural




page | by Dr. Radut