Na mañá do martes 14 e 15 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través (Xogaade). Acudimos con 100 atletas, dos que resaltamos un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino. Compre destacar o 1º posto de Daniel Gutiérrez Suárez en Benxamín masculino, 1º posto de Marcos Gutiérrez Suárez e 5º de Nicolás Bocija Abruñedo en alevín masculino e 3º posto de Irene Soto Pérez en alevín feminino. Podedes consultar a clasificación no PDF adxunto (BENXAMÍN E ALEVÍN) Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!! |
|
FASE ESCOLAR CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS 2023
- 134 lecturas