Durante as últimas 3 semanas intentamos desenvolver no colexio o ciclo embrionario dos ovos da galiña. Para iso trouxemos a incubadora, que permaneceu no centro 21 días, que é o tempo que tardaron en nacer os poliños.
Durante estes días, @s nen@s convertéronse en vixiantes dos ovos, sendo responsables do control diario da temperatura, a humidade e o volteo dos ovos.
Acadamos o 75% de nacementos e o tempo que durou a estancia dos poliños no centro foi todo un acontecemento!!
No PDF adxunto podedes ver polo miúdo todo o proceso. |
|
|
|
|