Dende o equipo de biblioteca fixemos a seguinte proposta para conmemorar o 25-N:
• Habilitamos un punto de lectura violeta con libros de temática inclusiva e sobre a importancia do papel das mulleres na sociedade.
• Durante quince días os rapaces podían levar libros seleccionados no punto.
• Dentro de cada libro atopaban pequenas sorpresas en forma de bolboretas con letras.
• Cada letra correspondíase cun número do mural que iamos construir entre todo o alumnado de primaria.
• A idea era completar un pequeno manifesto contra todo tipo de violencia, especialmente aquela que vai contra as mulleres.
• Cando completamos a mensaxe colocámola no punto de lectura violeta, que funcionará uns días máis segundo sexa o interese amosado polo alumnado. |
|
|