Skip to Content

BIBLIOTECA CREATIVA: Chaveiro por Ucraína

Diante dos acontecementos tan terribles que está a vivir o pobo ucraíno, pensmos en como involucrar á comunidade educativa nunha actividade solidaria e poder colaborar economicamente.

Como a Biblioteca do noso colexio foi dotada dunha impresora 3D por participar no proxecto da Consellería de Educación denominado "Biblioteca Creativa", pensamos en deseñar e imprimir un chaveiro do mapa de Ucraína coa palabra "HOPE" (esperanza en inglés).

Nestes días vemos o horror da destrucción das súas vidas e das súas casas; coa idea do chaveiro solidario proxectamos a esperanza dun proxecto de reconstrucción dos seus fogares e poder acadar unhas chaves novas coa ilusión dunha vida nova xunto coas súas familias.

Imprimíronse arredor de 300 chaveiros, dos que pediamos unha aportación voluntaria. Entre tod@s recadamos mil cincocentos euros, que entregamos á nosa ANPA para que os ingrese a unha organización humanitaria, con fin de aportar a nosa humilde axuda ó pobo ucraíno.

Queremos contar tamén a historia real dunha muller ucraína, Nataliya, que estaba ingresada nun Hospital galego nos días do comezo da guerra. Para animala fixémoslle chegar un dos primeiros chaveiros. A súa reacción foi esbozar un sorriso, agradecer o xesto e deixar escapar unhas bágoas pola terrible situación do seu país.

AGRADECEMOS A PARTICIPACIÓN DE TODAS E TODOS E DESEXAMOS QUE A GUERRA FINALICE XA!!

 

NA PRENSA:

FARO DE VIGO

LA VOZ DE GALICIA



page | by Dr. Radut