Skip to Content

Entradas recentes

2º PRIMARIA: VISITA Á BIBLIOTECA DA PONTE

@s alumn@s de 2º visitaron a Biblioteca da Ponte, dentro do programa de Animación á lectura da Concellería de Educación.

3º a 6º PRIMARIA: Mural no patio e pintado bolsas de tea

Coa colaboración de Afundación realizamos a actividade "Plantando árbores con pinceis" co pintado dun Mural colaborativo no patio e talleres de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación.


 

LETRAS GALEGAS 2023: Francisco Fernández del Riego

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convida ás familias dos nosos nenos e nenas a celebrar todos xuntos o Día das Letras Galegas. Na seguinte presentación deixámosvos todos os detalles e ante calquera dúbida xa sabedes onde atoparnos

Estamos desexando que chegue o día.

Grazas familias, sen a vosa axuda a actividade non será posible!!!!

Enlace a Genially

 

 

 

 

 

 

 

 

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN SOLICITUDES 4º INFANTIL

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN SOLICITUDES 4º INFANTIL
Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2023/2024 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles (21 de marzo ao 11 de abril) para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes de 4º de INFANTIL.
Así mesmo, sinálase para estas solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde, e que se publicará no taboleiro de anuncios do centro.
 
Adxuntamos unha relación dos criterios de admisión e de documentación a presentar que lles servirá de recordatorio da documentación que deben presentar no centro.
Para calquera dúbida poden chamar ao centro preferentemente en horario de 9:00 a 10:00 e de 13:10 a 14:00 h.
 
 
CEIP CURROS ENRÍQUEZ (OURENSE)
 

TFNOS: 988783610/11

BIBLIOTECA: 8M ROBÓTICO

Dende a Biblioteca deseñouse un xogo, Pasapalabra robótico ( Escornabots ), un conxunto de  preguntas relacionadas con libros de temática feminista dos que dispoñemos na biblioteca.

 

HOCKEI SALA EN OIRA

O pasado venres 10 de marzo @s alumn@s de 5º de Primaria acudiron ó polidepportivo de Oira para participar nunha sesión de promoción do Hockei sala organizada pola Federación Galega desta modalidade deportiva con forte arraigo en Ourense.

 

5º PRIMARIA: Encontros co autor

@s alumn@s de 5º de primaria participaron na actividade "Encontros co autor" do programa Animación á lectura do Concello de Ourense.
Asistiron a un encontro con Lois Pérez, autor da novela "A gruta da torre".

 

ENDLG: "QUERO CONTARCHE UN CONTO" para Infantil e Primaria

 

4º, 5º, 6º PRIMARIA: "Romaniqueando"

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou no proxecto "Animais míticos do Camiño de Santiago", que propón un achegamento aos nen@s que recolle dezaseis deses seres imaxinarios moi presentes no Románico medieval da Ruta Xacobea por toda Europa. Para iso despois de visualizar as mostras da arquitectura románica do Camiño, @s alumn@s deseñaron os seus propios animais míticos... non volos perdades!!

8M EN INFANTIL

Para Infantil tamén tivemos un contacontos con motivo do Día Internacional das mulleres (8M) coa colaboración da Concellería de Igualdade.

“A gran pequena inventora,” levado a cabo pola compañía TRÉMOLA TEATRO, coa finalidade de concienciar e sensibilizar ao alumnado en materia de igualdade.
Sinopse do contacontos:
A Laura encántalle inventar cousas, por casualidade crea unha piña que fala, e coa axuda da súa nova amiga vivirá aventuras incribles cheas de pompas, música, bailes... aínda que Laura é pequena e unha gran inventora, pero para que as súas creacións funcionen precisamos da vosa axuda!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut