O día 9 de xuño celebramos o Festival de Fin de curso que pon o broche a este curso 2022/23. Houbo un pouco de todo: bailes, teatro,... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria. Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival. Ademáis, podedes ver o video de despedida d@s alumn@s de 6º.
|
FESTIVAL
|
|
DESPEDIDA 6º
|
|
Durante as últimas 3 semanas intentamos desenvolver no colexio o ciclo embrionario dos ovos da galiña. Para iso trouxemos a incubadora, que permaneceu no centro 21 días, que é o tempo que tardaron en nacer os poliños.
Durante estes días, @s nen@s convertéronse en vixiantes dos ovos, sendo responsables do control diario da temperatura, a humidade e o volteo dos ovos.
Acadamos o 75% de nacementos e o tempo que durou a estancia dos poliños no centro foi todo un acontecemento!!
No PDF adxunto podedes ver polo miúdo todo o proceso. |
|
|
|
|
O venres 2 de xuño @s alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria viaxaron ó Grove, onde realizaron unha ruta no catamarán e Visitaron o acuario, onde participaron nun obradoiro de nós mariñeiros. |
|
O pasado venres 26 de maio @s alumn@s de 2º e 3º de Primaria acudiron ó campo sintético da Universidade Laboral para participar nunha sesión de promoción do Hockei herba organizada pola Federación Galega desta modalidade deportiva con forte arraigo en Ourense.
|
|
O pasado 26 de maio @s alumn@s de 5º e 6º asistiron á Convivencia cos colexios Curros Enríquez de Galicia que se celebra en Celanova, organizada pola Fundación Curros Enríquez. Participaron nunha morea de actividades: visita á Casa Museo de Curros, Campanario do mosteiro de S. Salvador, Capela mozárabe de S. Miguel, Claustros e Biblioteca do mosteiro (IES de Celanova), Igrexa do mosteiro, concerto de órgano e visita a Vilanova dos Infantes. Comprobade o ben que o pasamos e a riqueza patrimonial de Celanova no enlace coas fotografías!! |
|
Inma Soto presentounos o seu conto sobre a nosa natureza, "Xela, superheroína de aldea" que pon en valor os nosos recursos e busca que as persoas miúdas queiran coidar o territorio. |
|
@s alumn@s de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Nodal "Nós", onde coñeceron os recursos e os recunchos desta Biblioteca referente en Galicia, cun xogo de pistas co que percorreron as instalacións.
|
|
O alumnado de 2° e 4° de Primaria participou na actividade organizada polo Museo Arqueolóxico con motivo do Día dos Museos. O parque de San Lázaro converteuse nun museo ó aire libre no que puideron coñecer a historia da súa orixe, da arquitectura que alberga e das árbores que o conforman.
|
|
|
|
Os alumn@s de 4° e 5° de Infantil foron de excursión á granxa escola de Lodoselo, onde puideron interaccionar cos animais, amasar o seu propio bolo de pan e disfrutar do xardín sensitivo. Un día cheo de experiencias!!
|
|