Skip to Content

Educación Infantil

OS DE INFANTIL DE 4 ANOS EN CHINA

  No 1º trimestre fomos de viaxe a China. Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas sobre ese pais que nos queda tan lonxe.
  Aprendemos a comer con palillos chinos, disfrazámonos de chineses, bailamos ao son da música chinesa e o máis divertido foi cando levamos a clase os traballos que fixemos na casa coa axuda das nosas familias: grazas, moitas grazas!!!!! E despois contámosllo aos nosos compañeir@s.
  Tamén descubrimos ao oso panda , aos monos dourados do Himalaia, a comida , a vestimenta, o bambú que unha nena trouxo a clase , as festas... e moitas cousas máis.
DIVERTIDÍSIMO!!!!!!!!

 

INFANTIL DE 4 ANOS COAS MARACAS

 

 

O outro día pasámolo xenial na clase, xa que viñeron a visitarnos unhas profesoras de prácticas e ensináronnos a facer maracas .Divertímonos moitísimo... Despois de rematar tocamos e cantamos todos xuntos . FOI XENIAL!!!!!

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: INDIA, CHINA, XAPÓN E EEUU

   
  

 

@s nos@s amig@s viaxeir@s de 5 anos xa percorreron medio mundo, e agora ímosvos ensinar a outra metade que visitaron e da que nos trouxeron todos estes traballos que podesdes ver nas coleccións de fotografías de cada país.  

 

REGALOS DE NADAL

 

 

 

 

Non hai Nadal sen regalos para os nen@s, así que @s alumn@s de Infantil tiveron unha morea de agasallos para as súas aulas. Mirade as fotos paara comprobalo!!

 

 

BENVIDA AOS ALUMN@S DE 3 ANOS

 

 

Ainda que vai un pouco tarde, non queremos esquecernos de darlles a benvida aos alumn@s de Infantil de 3 anos que comezaron este curso no noso e xa, o seu colexio. BENVIIIID@@@SSS....!!!!!!

 

 

NADAL EN CURROS

 

@s alumn@s de Infantil, coa colaboración das súas nais/pais, decoraron estas botas para adornar a entrada do colexio.

Mirade que botas máis chulis, seguro que este ano imos ter un montón de regalos.

 

 

 

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: EGIPTO

 

Cando chegamos a Egipto fomos recibidos inesperedamente por un faraón moi coñecido por todos nós. A ver se o recoñecedes: é Tutanmateón.

Pasámolo moi ben e non houbo momia que conseguira asustarnos.

 

 

 

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: PARÍS E ROMA


.

Sen perder tempo, os nosos protagonistas saen de viaxe para completar a 3ª e 4ª etapas, e poñen rumbo a París.

Oh lala, Paris...!!

 

Pero non podemos pararnos moito,así que xa temos a maleta preparada para... Italia.
Gustaríanos pór dereita a torre de Pisa, pero non temos tempo porque o seguinte destino é...Egipto.

 

 

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: 2ª ETAPA

 

 

Por onde andan @s nos@s amig@s de infantil de 5 anos?? Dende Madrid despegaron co seu avión, sen máis demora ... rumbo a Londres, onde se argalla toda esta historia.
A partir de agora seguirán os pasos do noso gran amigo Willy Fogg.

 

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: OS PHILEAS FOGG DE 5 ANOS

Despois da nosa experiencia coa maleta viaxeira no curso pasado, collémoslle o gusto a esto de andar por aí descubrindo cousas novas . E aquí nos tendes seguindo nada máis e nada menos que a gran obra de Julio Verne "La vuelta al Mundo en 80 días".
Así que convertid@s tod@s en auténtic@s Phileas Fogg, comezamos a nosa aventura...
 
 
 Dada a nosa situación xeográfica, comezaremos por marcar un itinerario ben preciso para non perder moito tempo, pois a nosa viaxe remata co Nadal. Temos que estar de volta para recibir a Papá Noel en Ourense.

Primeiro desprazámonos ata Madrid (dende alí témolo máis doado),onde xa temos os nosos avións esperándon@s. Para iso alugamos un hangar, para non ter contratempos.

Pero unha vez na capital de España, aproveitamos para visitar algúns sitios que xa nos soaban: Cibeles, Porta de Alcalá, Palacio Real, Museo do Prado...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut