Skip to Content

Complementarias

VENRES 3 MARZO: "Quero contarche un conto"

ENTROIDO 2023: "A volta ao mundo en 80 días"

Unha semana de entroido intensa, cos mandados do meco, a visita dos técnicos do IGC sobre hábitos de consumo seguros, e por fin o gran desfile coa temática "A volta ao mundo en 80 días" e en compañía dos colexios do entorno, nun día espectacular no que luciu o sol. Bo entroido para tod@s!!

 

PRIMARIA: Entroido seguro

O alumnado de Primaria recibiu información sobre hábitos seguros de consumo no entroido por parte dunha técnica do Instituto Galego de Consumo

 

3º PRIMARIA: Día da muller e a nena na ciencia

@s alumn@s de 3º asistiron ao VI Xornada do Día da muller e a nena na ciencia que se celebrou na Praza do Bispo Cesáreo o pasado 10 de febreiro.  

4°, 5°, 6° Primaria: Charla obradoiro de nutrición "Comendo cores"

Visitáronnos as nutricionistas do Sergas para dar unha charla sobre hábitos alimentarios ás alumn@s de 4º, 5º e 6º e afianzar así unha vida saudable. 

SEMANA DO ENTROIDO

Chega a Semana do Entroido e publicamos os mandados do meco que serán acumulativos ao longo da semana.

O venres día 17 disfrazarémonos coa temática de "A volta ao mundo en 80 días" de Xulio Verne e celebrarase un desfile amenizado con charanga, xunto cos colexios "Mestre Vide" e "Manuel Sueiro", ás 12:00 h.  O percorrido será: Praza do Mestre Vide, Sáenz Díez, Florentino López Cuevillas, Habana, Curros Enríquez e Praza do Mestre Vide.

 
 

DÍA DA PAZ 2023

O luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz: charla sobre os distintos tipos de pombas, lectura do manifesto redactado pol@s alumn@s de 6º, interpretación da canción "Campás pola Paz" con linguaxe de signos e para rematar a solta das pombas mensaxeiras.

Por un 2023 en Paz E boa Convivencia!!

 

 

INFANTIL E PRIMARIA: "Plástica Castrexa"

A expresión artística dos nosos antepasados foi o motivo desta exposición do Museo Arqueolóxico na sala de Afundación, na Praza Maior. @s nos@s alumn@s puideron ver moi de preto pezas moi importantes da arqueoloxía galega, labradas en pedra, figurativas, simbólicas ou decorativas da 
nosa prehistoria.

1º a 4º PRIMARIA: AUDICIÓN DOS MÚSICOS DO CONSERVATORIO

O pasado 20 de xaneiro visitáronnos varios músicos do Conservatorio para dar a coñecer os seus intrumentos aos alumn@s de Curros, e tamén para animalos a que asistan ao Conservatorio, se queren converterse eles mesm@s en músicos.
Os instrumentos dos que puidemos desfrutar foron: trompa, clarinete, acordeón, viola, contrabaixo e frauta de pico. Escoitade...

CHEGOU O NADAL A CURROS

Aquí tedes parte dos traballos realizados pol@s alumn@s de Infantil e Primaria para celebrar a chegada do Nadal.

Bo Nadal a toda a comunidade educativa e Feliz ano 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut