Fixemos entrega dos diplomas de Mención Honorífica @s alumn@s que tiveron un rendemento excelente en todos os ámbitos da súa formación durante a etapa de Primaria. Noraboa a Nerea, Martiño, Sara e Daniel. |
|
Dende a biblioteca fíxose entrega dos premios aos gañadores do TRIVIAL LITERARIO e do CONCURSO DE BOOKTUBERS que realizamos para conmemorar o Día DO LIBRO. Podedes ver os seus traballos nos enlaces que adxuntamos.
|
|
Miguel Anxo Alonso Diz, autor do libro INSTRUCIÓNS PARA LER ESTE LIBRO, visitounos no centro e desvelou ó alumnado de 5° de Primaria detalles moi interesantes da obra. |
|
O mércores 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso, financiada pola Anpa e coa colaboración do centro, dentro do horario lectivo. Por fin tivemos a Festa da Escuma para Primaria e 6º de Infantil, e inchables, cars e obradoiros de maquillaxe, globoflexia... para tod@s. Un día excelente no que tod@s @s nen@s do colexio o pasaron en grande! |
|
Os alumn@s do CEIP Curros Enríquez participaron no concurso organizado polo Sergas na área sanitaria ourensá e a delegación territorial de Educación, "Os meus avós, mestres de vida", para concienciar sobre o edadismo ou a discriminación por motivos da idade. A alumna de 2º de primaria Carlota Murias Rubín, gañou o 2º premio na categoría de 1º ciclo de Primaria. Noraboa a Carlota!! |
|
O alumnado de 6° Infantil, 1°, 2° e 3° de Primaria visitaron O Grove, onde navegaron pola ría de Arousa e visitaron o Acuario. |
|
O luns 12 de xuño visitounos David Ballesteros, divulgador científico que participa no programa Aquelando da TVG. David impresionounos cos seus experimentos e curiosidades....desexando que volva ao colexio pois aprendemos moitiiiiiisimo!!!!!! |
|