Skip to Content

Educación Infantil

INFANTIL CON "MAMÁ CABRA"

 @s nen@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos asistiron no Auditorio ao concerto-teatro de "Mamá Cabra", organizado pola Área Educativa de Afundación, no seu 15 aniversario. O grupo ofreceu un percorrido pola súa historia e as súas mellores cancións.

A SEMANA DA SAÚDE

@s alumn@s de Infantil do colexio participan no programa de saúde integral promocionado pola Concellería de Educación. Por este motivo celebraron dúas actividades relacionadas coa adquisición de hábitos saudables:

            

INFANTIL 4 ANOS: A NOSA VIAXE POR VENECIA!!!!!!!

Emprendemos unha nova viaxe: esta vez visitamos unha cidade de Italia chamada
Venecia. Fixemos turismo pola cidade descubrindo as rúas de auga, os medios de
transporte, os monumentos, a comida e moitas cousas máis.

Ah!! e falamos algo de italiano.

Arrivederci!!!!

 

@S DE 5 ANOS INVESTIGAN SOBRE OS PLANETAS

 

Na súa viaxe polo espazo, @s nen@s de Infantil de 5 anos recopilaron moita información sobre os planetas. Facede clic aquí para ver o seu traballo!

 

 

 

INFANTIL DE 5 ANOS NO ESPAZO

@s nen@s de Infantil de 5 anos xa viaxaron no pasado trimestre percorrendo o mundo con Willy Fog, así que durante o segundo trimestre a Terra quedóuselles pequena.

Así deron o salto ao espazo exterior, da man da profe e coa axuda dos traballos que fixeron na casa, visitaron os planetas do Sistema Solar.

"ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O día 24 de febreiro celebramos o Dia de Rosalía de Castro, e para iso os nen@s de Infantil recitaron o poema de Rosalía, "Adios, ríos; adios, fontes".

Pero o mellor e que vexades neste vídeo o ben que o fixemos!!

 

CHEGOU O INVERNO

 

Chegou o inverno, tardío pero pisando forte.

En Infantil de 3 anos aínda nos deu tempo a facer os bonecos de neve para traballar os elementos do inverno: clima, vestimenta...

Abrigádevos que vai moito frío...!!

 

                                      

 

 

INFANTIL AO TEATRO: "AURORA"

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Ourense, nesta ocasión coa obra "Aurora" da compañía Elefante Elegante Teatro.

A función, dirixida a escolares de 3 a 6 anos, conta a historia de Aurora, unha curuxa á que lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz, axita as súas ás e asubía coma o vento. Mais ao amencer énchese de tristeza, o sol queima a súa plumaxe e cega os seus ollos. Só o seu amigo o Aviador tentará todo para axudala, mais... será posible vivir nun mundo sen sol?

 

DÍA DA PAZ

 

 

O  30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz. A mensaxe básica é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".

 

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia,o  respecto aos Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz son motivos para recordar este día.

Aquí tedes os traballos realizados polos alumn@s de Infantil de 3 e 4 anos, con moito Amor e Concordia!!

 

 

ENTROIDO EN INFANTIL

Os nen@s de infantil traballaron moito no entroido para ter outras alternativas de disfraz para estes días tan trouleiros. Ollade cantos traballos fixeron!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut